O Rosal, un concello pequeno en tamaño, pero grande en compromiso contra a violencia de xénero

O Rosal, un concello pequeno en tamaño, pero grande en compromiso contra a violencia de xéneroO Rosal, un concello pequeno en tamaño, pero grande en compromiso contra a violencia de xénero. Participación, compromiso e satisfacción como resultado da programación do 25n.

Durante  os meses de outubro e novembro foron moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social programadas polo Concello do Rosal. Dun xeito especial traballouse cos centros educativos e xente nova do concello, facendo unha aposta pola educación, a formación e a concienciación.

ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS, dos que se beneficiaron 235 nenos e nenas do concello, coa completa convicción de que é o traballo con eles e elas é o medio para acadar cambios na sociedade.

IGUALDADE CON PRIMARIA: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier

PROXECTO BAMBÚ CON SECUNDARIA: 57 mozos e mozas de 1ºESO

OBRADOIROS DE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE: 107 mozos e mozas de 2º e 3º eso

EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DILLE NON”: exposta durante o mes de novembro no CPI

EXPOSICIÓN MAR CALDAS 100% CONTIGO: Outra banda importante foi a campaña de visibilización e posta en valor das mulleres do Rosal a través da exposición 100% contigo, que a artista Mar Caldas levou a cabo durante este verán en diferentes espazos e que deu como froito unha exposición na que a muller do Rosal era a auténtica protagonista. 78 mulleres foron fotografiadas, e onte, 25 de novembro foron homenaxeadas nun acto no que se proxectou o video e se entregaron as fotografías.

Exposición “ACHEGA DAS MULLERES Á SUSTENTABILIDADE DO MAR”, no Salón de Exposicións do Concello do Rosal entre o 20 de novembro e o 3 de decembro.

II CONCURSO DE HAIKUS: Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero. Resultaron gañadores Teodosio González na categoría adulto, e Naomi Baz na categoría infantil. Onte 25 de novembro, a alcadesa do Rosal, Mª Carmen Alonso Alonso entregou un e-book como agasallo a cada gañador e volorou á súa capacidade de plasmar nun poema a loita contra a violencia de xénero.

EU TOMO PARTIDO E TI?: Este ano parte do equipo de Acanor Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da  violencia de xénero. 10 persoas entre xogadores e directivos do Acanor Novás de balonmán decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións. Os carteis están expostos  entre o comercio local.

LUCES MORADAS EN EDIFICIOS PÚBLICOS: como en anos anteriores varios edificios estiveron iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro.

COMERCIO LOCAL CONTRA A VIOLENCIA: Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo partido e ti?

 O Rosal segue traballando e apostando pola formación e a concienciación, non se queda únicamente na data concreta senón no traballo constante ao longo de todo o ano.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies