Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda entrega os Premios de Educación 2018

A Guarda entrega os Premios de Educación 2018

A Guarda entrega os Premios de Educación 2018Hoxe o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña.

Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xoves, establecéndose un máximo de 20 premios consistentes en material informático: 12 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 8 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo.

Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.

No acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables, asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.

Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.

Premiados/as:

IES A SANGRIÑA:

2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.

4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.

CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.

 

CEIP A Sangriña:

6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.

 

Solanas:

6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.

 

Sinde:

6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.

 

Carmelitas:

6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.

4º Primaria: Carlota Cividanez Berrecoso

 

Somascos:

6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.

4º Primaria: Iria Sanz Berridy

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies