spot_img
InicioBaixo MiñoO XXV Encontro dos Pobos encherá de música tradicional O Baixo Miño

O XXV Encontro dos Pobos encherá de música tradicional O Baixo Miño

O XXV Encontro dos Pobos encherá de música tradicional O Baixo MiñoO grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco organiza este festival que arranca o sábado en Tomiño e que tamén chegará a Oia, O Rosal e A Guarda

Unha nova edición do Encontro dos Pobos, e xa van 25, arranca este fin de semana en Tomiño. O grupo de bailes e gaitas guardés Do Lusco ó Fusco organiza o que xa se converteu nun dos festivais de música tradicional máis representativos do sur da provincia de Pontevedra. Nesta vixésimo quinta edición o público poderá disfrutar de balde das actuacións de grupos tanto locais como internacionais.

O festival arranca este sábado 21 de xullo na praza do Seixo (en caso de choiva trasladarase o auditorio de Goián), coas actuacións da Asociación Val de Piran, procedentes de Eslovenia, Do Lusco e Gusco, o grupo de baile tomiñés Virxe do Alivio e a agrupación folclórica a asturiana Cuelebre.

O Domingo o XXV Encontro dos Pobos chega ás 20.30 horas a Viladesuso (Oia) da man Do Lusco ó Fusco e da agrupación eslovaca de Val de Piran, así como a actuación de diversas bandas de Oia, como Tralo Mosteiro e a Fiada de Viladesuso. Xa o martes 24 de xullo o auditorio de San Bieito de A Guarda (se o clima non o permite celebrarase no pavillón da Sangriña)  acollerá as actuacións de agrupacións locais como Vento Mareiro, Xamaraina, Doxe nun ano ou Do Lusco ó Fusco, entre outras.

O festival remata o mércores 25 de xullo ás 21.30 horas na praza do Calvario do Rosal (en caso de choiva será no auditorio) coas actuacións de Do Lusco ó Fusco, A Asociación Cultural de Lembranzas da Terra de Guillarei e a agrupación eslovaca mencionada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.