spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda67 equipos participaron no Campionato de Balonmán-Praia na Guarda

67 equipos participaron no Campionato de Balonmán-Praia na Guarda

A pasada fin de semana disputouse nas instalacións do Codesal, en Camposancos, o Campionato de Balonmán-Praia Concello da Guarda.

Esta competición, que xa fixo escala noutros municipios galegos coma Vigo, Cesantes ou Poio, celebrouse na Guarda dende o venres 13 ata o domingo 15 de xullo, unha oportunidade excepcional para o desfrute do deporte que contou coa participación de máis de 600 xogadores federados de clubes de toda Galicia.

O evento estivo organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Evento Global e a Federación Galega de Balonmán.

Contouse cunhas instalacións con 4 campos de xogo habilitados para poder realizar partidos simultáneos, a dous sets, e onde primaron as acrobacias e trucos para acadar mellores puntuacións, un espectáculo deportivo que contou cunha gran afluencia de persoas.

Os partidos desenvolvéronse nas categorías de Seniors, Xuvenís, Cadetes, Infantís e Alevíns, nas modalidades de Masculino e Feminino e mixtos para a categoría de Alevíns.

Na entrega de premios participaron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Concelleiro de Deportes, Xavier Crespo, o Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafa Álvarez e por parte de Verán Deportivo, Antonio Saborido.

PREMIADOS:

ALEVÍN MIXTO:                                                                   

3º-BMP CHAPELA

2º-BMP CANGAS

1º-LOS CRACKS DEL CARBALLAL

INFANTIL MASCULINO:

2º-SH

1º-VEBA WATER

INFANTIL FEMENINO:

3º-YEAH ACTIVITY CREMOSSO TEAM

2º- CARBALLAL ARENA

1º-VEBA WATER

CADETE MASCULINO:

3º-VEBA OS DA JRADA

2º-CREMOSSO TEAM B

1º-PTV HANDSTRAND

CADETE FEMENINO:

3º- VEBA WATER

2º-SERVISUB AREA BUEU

1º-BMP PESCADOS

JUVENIL FEMENINO:

2º- BMP PESCADOS

1º-VEBA WATER

JUVENIL MASCULINO:

3º- YEAH ACTIVITY CREMOSSO

2º-VEBA OS DA JRADA

1º-PTV HANDSTRAND

SENIOR MASCULINO:

3º- BMP PESCADOS

2º-PTV HANDSTRAND

1º-PAINKILLERS

SENIOR FEMENINO:

3º- A.C. KALÓ PAINKILLERES

2º- EL BUNGA

1º-VEBA WATER

- Publicidade -spot_img