spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda divulga o traballo das súas asociacións

A Guarda divulga o traballo das súas asociacións

A Guarda divulga o traballo das súas asociaciónsO Concello da Guarda, a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Deporte, organiza a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento no cal as protagonistas son asociacións e entidades de diversa índole que forman parte do amplo tecido asociativo existente do municipio.

Este ano a cita terá lugar o sábado 15 de setembro a partires das 10:30h na Alameda da Guarda. Neste espazo as asociacións guardesas darán a coñecer os seus atractivos aos asistentes, cunha ampla programación de actividades que contará con actuacións en directo, obradoiros, xogos, demostracións… sempre levados a cabo polas propias entidades.

Deste xeito o baile, a música, o fútbol, o hockey, a pintura, a convivencia e o coñecemento de toda a dinamización que temos na nosa contorna, congregaranse nun día aberto á participación de todo o mundo e no que as asociacións se implican para amosar o seu traballo.

O programa de actividades está xa a piques de pecharse e anunciarase en próximas datas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.