spot_img
InicioBaixo MiñoPreséntase en Tui o número cinco da revista Castellum Tyde dedicado a...

Preséntase en Tui o número cinco da revista Castellum Tyde dedicado a Francisco Ávila y La Cueva

Preséntase en Tui o número cinco da revista Castellum Tyde dedicado a Francisco Ávila y La CuevaOnte presentouse o número 5 da revista Castelum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.

O presidente do Instituto de estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembraba na presentación deste número que cada revista vai dedicada a un persoeiro de relevancia no estudio da historia de Tui e da comarca. O primeiro número foi dedicado a Aquilino González Santiso o que fora presidente e fundador do Instituto, o segundo a Eliseo Alonso, o terceiro ao sacerdote historiador, Jesús Gómez Sobrino, o cuarto o mestre historiador, Pedro Díaz Álvarez e este quinto a  Francico Ávila y La Cueva. Precisamente a revista recolle un amplo artigo de Clodio González Pérez, baixo o título “Francisco Ávila y La Cueva o gran historiador de Tui e do seu bispado”.

Ademais neste número se recollen traballos de Ernesto Iglesias Alemeida sobre a muralla medieval tudense, de Margarita Vázquez Corval sobre a arte románica, de Xoan Martínez Tamuxe sobre a inquisición no Baixo Miño, de Xavier Añoveros sobre Francisco Rodríguez Caballero, primer alcalde constitucional de Tui, “la imagen artística de la frontera Tui- Valença”, firmado por Suso Vila, e outros traballos de Miguel Ángel González, Avelino Bouzón e Carlos Pérez Fonterosa.

Javier Añoveros remarcaba a necesidade de que unha cidade como Tui conte cunha publicación cultural, e aseguraba que esta revista de estudos tudenses cumpre ese obxectivo. O concelleiro de cultura Eduardo Freiría, presente tamén neste acto, expresaba a necesidade de publicar traballos de divulgación histórica pero que sexan accesibles para o público en xeral máis aló do especialistas.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, se congratulaba pola publicación da revista e agradecía o traballo dos fundadores do Instuituto e da actual Xunta Directiva. Ofrecía tamén o apoio do concello para seguir adiante coa súa edición.

Nos cinco número de Castellum Tyde téñense publicado un total de 52 artigos que ocupan máis de 1.000 páxinas, todos centrados na historia de Tui e o Baixo Miño.

O Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui distribuirá a publicación por distintas entidades e bibliotecas ademáis de reservar algúns exemplares que estarán a disposición dos interesados no concello.

- Publicidade -spot_img