Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

A Guarda despide un Encontro “inesquecible” cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

A Guarda despide un Encontro inesquecible cunha homenaxe a tripulacións e voluntariosUn total de 90 embarcacións, 80 inscritas e outras dez que se sumaron estes días ao evento, izaron de novo as velas para despedirse da vila que foi a súa casa estes últimos catro días. A despedida, do mesmo xeito que o recibimento do xoves, foi espectacular.

A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións  Piueiro e Instituto de  Estudos  Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do  Encontro de  Embarcacións  Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de “inesquecible” por tripulantes e veciños.

Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do  Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados.

Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares ” faluchos”, pequenas embarcacións  construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.

A Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de  Culturmar e  Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no  Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García  Sendón e  Joaquín  Cadilla agradeceron  aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.

Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o  Encontro deste ano fose especial.

Tras a cea, A Guarda despediu o  Encontro de  Embarcacións  Tradicionais cun  mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais.  Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.

Visita da deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra

A Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de  Culturmar  as  distintas casetas que conforman o recinto do  Encontro de Embarcacións  Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición “Achega dás mulleres  á  sustentabilidade do Mar”, a mostra de fotografía “Vento  nas velas”, de  Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres  canteiros  e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies