spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda continúa a potenciar o Camiño Portugués da Costa

A Guarda continúa a potenciar o Camiño Portugués da Costa

A Guarda continúa a potenciar o Camiño Portugués da CostaEn marzo creouse a nova marca do Camiño Portugués da Costa e al longo deste ano repartiranse máis de 5000 pulseiras de tea entre os peregrinos que se acheguen ata a Oficina de Turismo Municipal

Revista COUSAS DE nº14

O Concello da Guarda, a través da Concellería de turismo ven de por en marcha neste ano 2022 diversas iniciativas encamiñadas a por en valor e potenciar o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola vila.

Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, indicou que estas iniciativas postas en marcha serven para continuar atraendo visitantes e peregrinos ata A Guarda, notándose na vila un incremento constante nos pasados meses, o que deixa claro que “O Camiño Portugués da Costa está en auxe e é un dos favoritos dos peregrinos pola fermosura das súas paisaxes”.

Neste senso, no pasado mes de marzo lanzouse unha nova imaxe do Camiño Portugués da Costa, como primeiro concello galego deste camiño oficial dende o ano 2016.

O Camiño Portugués da Costa pola Guarda estrea nova marca

Esta nova marca que inclúe as ondas do mar e a cuncha de peregrino coas cores de referencia ao Camiño de Santiago, o amarelo e o azul . Ademais no deseño destaca o azul claro facendo referencia á cor da auga da desembocadura do Miño e do costa que acompaña ao peregrino.

Esta nova marca converteuse tamén no novo cuño para selar a credencial na Oficina de Turismo e esta imaxe acompaña nas diferentes campañas de promoción postas en marcha a nivel municipal.

Neste mes de xullo comezou a distribución dunhas sinxelas pulseiras de tela coa marca do Camiño Portugués da Costa. Ao longo deste ano esperase repartir as 5.000 pulseiras a todos os peregrinos e visitantes que se acheguen a Oficina de Turismo Municipal. Esta pulseira tamén se entrega aos grupos convidados.

 

Están tendo unha excelente acollida polos peregrinos e visitantes xa que o deseño é moi atractivo e representa moi ben A Guarda como primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.

Un dos obxectivos desta iniciativa é que o nome da Guarda chegue ao mundo enteiro a través dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, unha internacionalización na cal se fai partícipes aos peregrinos que nos visitan cada día.

- Publicidade -spot_img