Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda contará cun novo Salón de Plenos na Casa dos Alonsos

A Guarda contará cun novo Salón de Plenos na Casa dos Alonsos

A Guarda contará cun novo Salón de Plenos na Casa dos AlonsosA Guarda iniciou este luns o proxecto da obra de creación dun salón de plenos no espazo reservado para tal fin no novo edificio do concello, na Casa dos Alonsos.

As actuacións pretendidas son a adaptación da distribución actual ás necesidades dos actos que se realizan habitualmente no salón de plenos, elaborando «in situ» un entarimado sobre a súa correspondente estrutura metálica adaptada a forma da mesa de plenos. Esta mesa será fabricada a medida con forma elíptica. Dotarase o salón de plenos dun sistema móbil de compartimentación para un dobre uso como salón de exposicións. Así mesmo no teito se realizará a fabricación e instalación «in situ» a medida de vigas suspensas a través de listóns de pino laminado para unha mellora acústica.

Dende o punto de vista corporativo e institucional, na parede do fondo, instalarase un rótulo identificativo do concello, así como outro na mesa de plenos.

Completase a inversión con equipamento consistentes en cadeiras con rodas para a mesa de plenos e cadeiras para o público.

Esta actuación realizase con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 48.394,18€.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies