Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda conmemora as Letras Galegas cun tendal de Poemas

A Guarda conmemora as Letras Galegas cun tendal de Poemas

A Guarda conmemora as Letras Galegas cun tendal de PoemasAchégase a conmemoración das Letras Galegas e para celebralo nesta ocasión a Concellería de Cultura propón unha iniciativa na que pretende que toda a veciñanza comparta e divulgue os versos e poemas escritos na nosa lingua.

A proposta “Tendal de Poemas” empraza ós veciños da Guarda, especialmente ás familias con nenos, a que escollan un poema en lingua galega e o escriban sobre un lenzo de tea, acompañando dunha bonita decoración ó gusto. O material a utilizar pode ser unha prenda de roupa vella (camiseta) ou anaco de tea (saba, mantel…) ó que lle demos forma de prenda de roupa. Tamén se poden conseguir siluetas xa listas para decorar nas librerías da vila: Cervantes, Ler ou Ideas.

Os traballos poderán ser colocados polos participantes no tendal que se disporá na contorna do Auditorio de San Benito a partir do xoves 14 de maio, ou se pode contactar coa concellería de cultura a través de cultura@aguarda.es e o colocaría o persoal municipal.  Os traballos permanecerán ata final de mes, se a climatoloxía o permite.

Podes ampliar a información nas Bases ou contactar con cultura@aguarda.es ou no teléfono 98661000 ext.5 para calquera dúbida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies