spot_img
InicioVigo e áreaVigo11.000 mascarillas coas cores e o escudo do Celta se repartirán entre...

11.000 mascarillas coas cores e o escudo do Celta se repartirán entre as mozas e mozos vigueses

11.000 mascarillas coas cores e o escudo do Celta se repartirán entre as mozas e mozos viguesesA iniciativa da Delegación da Xunta e en colaboración co RC Celta se repartirán 11.000 mascarillas coas cores e o escudo celeste entre as mozas e mozos vigueses

A última das medidas encamiñadas á protección da cidadanía na loita conxunta contra a COVID-19 implica a o Real Club Celta de Vigo e a súa Fundación, entidades ás que a delegada territorial, Corina Porro, agradeceu a súa implicación e disposición desde o primeiro momento: “Sempre houbo un si pola súa parte a calquera das propostas que lles presentamos”, subliñou.

Nun acto conxunto celebrado na entrada principal da sede viguesa, a representante autonómica e o director da Fundación Celta de Vigo fixeron pública esta última actuación que consiste na confección de 11.000 novas mascarillas para os nenos e nenas e mozos e mozas vigueses, e que serán distribuídas de balde na rede e farmacias e nas parroquias a través de Cáritas.

Unha acción conxunta que suma ás numerosas accións que desde o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19 e tamén desde o propio Real Club Celta e a súa Fundación.

O Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades que serán repartidas de balde nas farmacias e nas parroquias a través de Cáritas

Segundo sinalou Corina Porro, o Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades, unha tela especial que locerá a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza neste camiño conxunto que nos levará a superar as seguintes fases ”, en palabras da delegada. Serán por tanto en color celeste e levarán impreso o escudo do Real Club Celta de Vigo.

Un deseño que se ocupará de facer realidade a rede de costura integrada por 300 voluntarios e voluntarias, que forman parte doutra das iniciativas da delegación territorial, e que serán as encargadas de confeccionalas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.