spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán desinfecta as instalacións deportivas ao aire libre que xa se poden...

Nigrán desinfecta as instalacións deportivas ao aire libre que xa se poden utilizar para xogar individualmente o por parellas

Nigrán desinfecta as instalacións deportivas ao aire libre que xa se poden utilizar para xogar individualmente o por parellasO Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa, emprendeu a primeira hora da mañá de onte a desinfección de todas as instalacións deportivas públicas ao aire libre ao permitirse xa o seu uso nesta Fase 1 (pistas multideportes de A Ramallosa, Panxón ou Ceán, pistas de tenis de Gaifar, gaiolas de adestramento en Praia América e Alameda de San Campio…).

O deporte nestes lugares está autorizado de xeito individual ou cun máximo de dúas persoas, pero sen establecerse contacto físico en ningún caso e mantendo a distancia de seguridade de dous metros, o que abre a porta a xogar ao tenis ou padle ou outras disciplinas, pero respetando sempre estas normas.

Estas desinfeccións, así como as de mobiliario urbano, seguirán a realizarse periódicamente para previr calquera foco de contaxio. Ademáis, o Concello realizou tamén unha primeira limpeza preventiva en parques infantís pese a que non está permitido aínda o seu uso, circunstancia que repetirá cando sí estea autorizado.

“Pouco a pouco empezamos a adentrarnos na nova normalidade e estou seguro de que os veciños se seguirán a comportar con total responsabilidade, como teñen demostrado ata agora”, sinala o alcalde, quen reitera o lema do Concello de Nigrán para esta crise sanitaria: Paciencia, Cariño e Calma.

Moitos negocios abriron as súas portas onte en Nigrán, incluíndo as populares terrazas de Panxón ou Praia América e da propia Praza do Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.