spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra do 5 ao 13 de outubro a XXIII edición...

A Guarda celebra do 5 ao 13 de outubro a XXIII edición da Mostra filatélica Exfimiño 

A Guarda celebra do 5 ao 13 de outubro a XXIII edición da Mostra filatélica Exfimiño Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, estará dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica terá lugar do 5 ao 13 de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda, sendo os días 7, 8, 9 e 10 as visitas guiadas pola exposición para escolares e público en xeral.

O programa de actos da EXFIMIÑO 2019 comeza o sábado día 5 de outubro as 11 horas coa apertura da exposición, o día 6 ás 12 horas presentación do selo personalizado, este ano dedicado ao edificio do actual Centro Cultural.

O día 11 as 20:00h horas instalación dunha estafeta temporal de Correos e as 20:30 horas inauguración con recepción de autoridades y presentación do cuño oficial da mostra e posta en circulación do sobre conmemorativos .

A mostra contará como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas(Tradicional, temática un cadro, clase aberta…. ) e tamén haberá algunha colección de numismática.

Na inauguración contarase coa intervención do historiador local D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, que falará sobre o edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda.

- Publicidade -spot_img