Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia lanzan “Camiño A...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia lanzan “Camiño A Dentro”: dez accións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués

deputacion-de-pontevedra-promove-un-proxecto-europeo-para-impulsar-o-camino-portuguesO proxecto desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta central e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia desenvolverán nos meses de outubro e novembro “Camiño A Dentro”, un novidoso proxecto cultural con dez accións artísticas en distintos concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola Costa. Todos os eventos correrán a cargo de mulleres artistas de recoñecida traxectoria e inclúen desde música en vivo, poesía e teatro a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. Os actos desta iniciativa, desenvolvida a través de Turismo Rías Baixas e enmarcada no programa O Teu Xacobeo, empezarán en Baiona o día 3 de outubro e rematarán o día 25 en Soutomaior. No mes de novembro terá lugar a presentación do catálogo do proxecto.

“Camiño A Dentro” ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O programa arranca nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona o día 3 e continuará nos días seguintes sucesivamente en Redondela, Caldas de Reis, O Porriño, Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior.

O proxecto conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa “Mulleres en Acción.Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. (As imaxes e a información sobre as artistas, accións, datas e lugares están dispoñibles nesta ligazón).

O Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos e peregrinas en 2018 e en aumento constante nos últimos anos. O Camiño pola Costa, que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de peregrinos e peregrinas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un grande abano de nacionalidades.

“Camiño A Dentro” afondará, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas.

CALENDARIO

CONCELLOLUGAR/DÍA/HORAARTISTA/ACCIÓN
BAIONAXardíns da Casa da Navegación / Xoves 3 de outubro / 18:30 horasDores Tembrás / Poesía, acción poética
REDONDELAVenres 4 de outubro / 18.30 no exterior de la Casa da TorreCarmen Quinteiro / Acción poética con música en vivo.
CALDAS DE REISXardín Botánico / Sábado 5 de outubro / Instalación durante o día, coa participación do público. Preséntase o resultado ás 18.00 horasRuth Montiel Arias / Instalación artística.
O PORRIÑOPraza do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello / Xoves 10 de outubro /  12:00 horasDúas, Sabela Caridad e Marta Figueiredo / Percusión
OIAInmediacións do mosteiro de Oia-Praza Centinela / Venres 11 de outubro / ás 18.00 horasMaría Meijide / Pintura e ilustración
A GUARDAPraza do Reló, diante do Concello / Mércores 16 de outubro / ás 18:30hInherente / Teatro
PONTEVEDRAPraza da Ferraría / Xoves 17 de outubro/ ás 12.30 horasLucía Loren / Instalación Artística.
NIGRÁNPraza do Concello/ Venres 18 de outubro/ ás 19.30 horasCarla Andrade / Fotografía e videocreación.
TUISábado 19 de outubro / Praza de San Fernando (diante da Catedral) / ás 18:30 horasNastasia Zürcher / Música
SOUTOMAIORVenres 25 de outubro / ás 12.00 horas /Helen Bertels / Acción Escénica

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies