spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acollerá os obradorioros de investigación arqueolóxica "Telearquoloxía 2016"

A Guarda acollerá os obradorioros de investigación arqueolóxica “Telearquoloxía 2016”

presentacion-en-a-guarda-de-os-traballos-que-esta-a-desenvolver-a-deputacion-de-pontevedra-nos-18-xacementos-arqueoloxicos-na-provincia

O MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega de A Guarda, acollerá os vindeiros xoves e venres, días 9 e 10 de xuño, dous obradoiros de investigación Arqueolóxica dentro do proxecto “Telearqueoloxía 2016”.

Trátase dunha iniciativa cofinanciada pola FCYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a Deputación de Pontevedra, cuxo obxectivo principal consiste en poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Baséase no concepto de arqueoloxía en comunidade onde a participación dun público diverso cobra un gran protagonismo.

A primeira das actividades, que ten lugar o xoves día 9 de xuño ás 19.00 h., é un obradoiro formativo no que o público asistente aprenderá a realizar unha investigación e a comunicala mediante o formato audiovisual. Na xornada explicaranse os aspectos máis salientables á hora de realizar unha investigación, tanto a nivel xeral, como específico, con exemplos prácticos aplicados ao patrimonio arqueolóxico.

Na segunda xornada de “Telearqueoloxía 2016”, o venres 10 a partir das 16.00h., desenvolverase un obradoiro de videoinvestigación no que se pretende formar aos participantes na creación de vídeos con dispositivos de gravación a nivel usuario (móbiles, tabletas, cámaras ), así como na edición de vídeo.

Todos os interesados en asistir poden inscribirse mediante un correo electrónico dirixido a telearqueoloxia@depo.es. Para máis información sobre o proxecto (categorías, premios, prazos de presentación…) poden visitar a páxina web http://telearqueoloxia.museo.depo.es ou  chamar ao teléfono do MASAT 690017038.

2016_Investigacion arqueoloxica_MASAT

2016_Videoinvestigacion_MASAT

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.