spot_img
InicioVal MiñorNigránAs praias de Nigrán conseguen un ano máis o certificado de...

As praias de Nigrán conseguen un ano máis o certificado de calidade medioambiental

praias-de-nigran-conseguen-un-ano-mais-o-certificado-de-calidade-medioambiental

O Concello de Nigrán izou as bandeiras ‘Ecoplayas’ nos catro areais que voltaron a obter este distintivo: Praia América, Panxón, Patos e Area Fofa.

Este recoñecemento feito dende ATEGRUS –Asociación Técnica para a Gestión de Residuos e Medio Ambiente- distingue a nivel nacional ás praias que destacan pola súa política de calidade medioambiental. O galardón da conta do compromiso continuo do Concello coa mellora da  calidade dos areais, mantendo os aspectos positivos que conxugan sostibilidade, criterios turísticos e respeto á natureza.

comillasPraia América foi a primeira de Nigrán en estrenar este certificado en 2010 (no mesmo ano en que naceu este distintivo)

Praia América foi a primeira de Nigrán en estrenar este certificado en 2010 (no mesmo ano en que naceu este distintivo), no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro praias o manteñen grazas a súa política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.

Constituida en 1965, ATEGRUS é a única asociación española que abarca tódolos sistemas de xestión de residuos, aseo urbano e medio ambiente e reúne aos municipios, empresas e técnicos do sector co fin de compartir as súas experiencias e intercambiar criterios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.