Inicio Pontevedra Os corenta primeiros alumnos e alumnas do proxecto "Practicum Depo 2015" ...

Os corenta primeiros alumnos e alumnas do proxecto “Practicum Depo 2015” reciben os seus diplomas

-corenta-primeiros-alumnos-e-alumnas-do-proxecto-practicum-depo-2015-reciben-os-seus-diplomas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, entregou onte os primeiros corenta diplomas  que recoñecen as súas prácticas  formativas no estranxeiro dos seus ciclos de formación profesional.

Carmela Silva subliñou que esperaba que estes case que seis meses de experiencia profesional en Reino Unido e Italia servira para ademais de aumentar as súas competencias profesionais “incrementar o seu dominio dos idiomas que garántalles unha mellor facilidade para incorporarse ao mundo laboral”.

Nesta primeira quenda de mobilidade do proxecto “Practicum Depo 2015”, enmarcado no programa europeo Erasmus+, participaron un total de 40 alumnos e alumnas que estiveron entre Reino Unido e Italia entre outubro de 2015 e abril de 2016. En concreto, 25 estudantes estiveron en Belfast e outros quince repartidos nas localidades  italianas de Corigliano Calabro, Terranova de Sibari e Cori.

Pertencen as ramas de xestión administrativa, aproveitamento e conservación do medio natural, comercio, caldeiraría e soldadura, sistemas microinformáticos e redes, farmacia e parafarmacia, electromecánica de automóbiles, instalación de telecomunicacións, aceites e viños, preimpresión e artes gráficas, e instalacións frigoríficas e climatización.

Ademais destes primeiros corenta estudantes participarán no proxecto outros 83 alumnos e alumnas, dos cales xa 26 mozos e mozas están dende abril participando na segunda quenda. En outubro comezará a terceira e última quenda que tamén amplía as estadías a Finlandia e Francia.

Neste proxecto participan 18 centros de formación profesional de Vigo, pontevedra, Ponteareas, Vila de Cruces, Silleda, Salvaterra, Cambados, Tomiño, Marín, Sanxenxo e Moaña.

Os participantes no proxecto reciben axudas económicas para o viaxe o seu destino para facer as prácticas, comprendidas entre os 275 e 360 euros, e de aloxamento, manutención e transporte local que van entre os 7.934 aos 9.602 euros dependendo do destino e do período de estancia.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies