Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda acolle ata o día 17 a XXXVI exposición filatélica e...

A Guarda acolle ata o día 17 a XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018

A Guarda acolle ata o día 17 a XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018A Guarda acolle ata o día 17 a XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018

Maña é o derradeiro día para poder visitar na Casa dos Alonso da Guarda, a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano está adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz

En 1964 nace a Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa, e na actualidade conta con preto de 70 socios, algún deles participando en certames internacionais

A Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa é a organizadora desta mostra e hoxe tivemos a posibilidade de falar co seu presidente, Luciano Lomba, con quen puidemos descubrir que a filatelia é moito máis que coleccionar selos.

Luciano Lomba, leva 8 anos ao fronte da Sociedade, “principalmente, porque non hai moito relevo“. “Todo esto comezou”, dice, “co primer presidente que tivemos, que tamén era presidente da sociedade Promonte, Alfredo Navarro, foi con el que se fundou. Precisamente temos un cuño que se fixo como homenaxe a este e ao seguente presidente”A Guarda acolle ata o día 17 a XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018

“As coleccións expostas son de membros da sociedade e de coleccionistas doutras partes que as ceden. Como detalle,  entre os expositores encontramos a colección dun mozo de Ourense, Xerónimo González, na que podemos ver a súa evolución desde os 7 anos.”

Antes da existencia do selo, as cartas para poder circular tiñan que levar o que se chamaba ‘marca’, Entre as singularidades desta exposición, podemos ver varios exemplos.

Como ven sendo habitual, esta mostra pode ser visitada nos baixos da Casa dos Alonsos, edificio onde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda, contando con varias vitrinas cedidas pola Federación Galega de Sociedades Filatélicas e outros expositores con coleccións de selos, moedas e coleccionables varios, nas categorías de xuvenis, filatelia moderna, clase aberta, temática, maximofilia, tradicional e historia postal.

A mostra estará aberta en horario de maña de 11:00h a 14:00h horas e pola tarde de 17:00h a 20:00h horas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies