Inicio Val Miñor Baiona Baiona homenaxea un ano máis ao Xeneral do Aire, Santos Peralba

Baiona homenaxea un ano máis ao Xeneral do Aire, Santos Peralba

Baiona homenaxea un ano máis ao Xeneral do Aire Santos PeralbaIgnacio Martínez Eiroa, compañeiro de Cholo Peralba na I promoción da Academia Xeral do Aire, recibe de mans do alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o V Galardón Xeneral do Aire “Santos Peralba”

O acto comezou cunha ofrenda ante o monumento que leva o nome do aviador en Sabarís. Rodal foi o encargado de depositar a coroa xunto co Xefe do Estado Maior do Exército do Aire o Excmo. Sr. D. Javier Salto Martínez- Avial.

Tras o toque á oración, os actos solemnes trasladáronse á Casa Consistorial da localidade onde tivo lugar un emotivo acto que comezou coa firma no libro de Ouro do Excmo. Concello de Baiona por parte do Xefe do Estado Maior do Exército do Aire D. Javier Salto Martínez- Avial en recordo da súa visita á Real Vila.

Posteriormente a Secretaria Municipal do Concello de Baiona Dona Susana Gallardo Fariña, deu lectura ao acordo plenario de concesión do Galardón. Acto seguido deuse paso á exposición de méritos que xustifican a concesión do premio na persoa do Tenente Xeneral do Exército do Aire D. Ignacio Martínez Eiroa.

 Baiona homenaxea un ano máis ao Xeneral do Aire Santos Peralba O alcalde de Baiona, Angel Rodal, foi o encargado de facer entrega do V Galardón Xeneral do Aire Santos Peralba e do diploma de concesión da distinción por parte do Pleno Municipal, ao Galardoado.

A quenda de intervencións abriuse co discurso do galardoado, D. Ignacio Martínez Eiroa quen moi emocionado lembrou ao Xeneral Santos Peralba con quen compartiu moitas horas na academia xa que ambos son da mesma promoción, a primeira promoción da Academia Xeral do Aire. O Tenente Xeneral do Exército do Aire, agradeceu enormemente o galardón outorgado polo Concello de Baiona. Un galardón moi importante para o homenaxeado por levar o nome do seu compañeiro e amigo “ Cholo Peralba” e tamén pola súa idade.

Pola súa banda o Alcalde de Baiona, destacou os méritos do galardoado: “Tales méritos fano sobradamente merecedor do V Galardón Santos Peralba. Ningunha das persoas presentes temos a máis mínima dúbida sobre o merecemento da distinción. Quizais, porque todos nós somos conscientes de que as súas intervencións axudaron a salvar moitas vidas. Tamén pola súa dedicación á aeronáutica e a súa difusión da cultura militar, compaxinada cunha brillante carreira militar, reafírmanos en que fixemos o debido; recoñecer a súa entrega”.

No seu discurso o Alcalde tamén quixo destacar que: “Baiona é berce de grandes homes, relacionados co mundo do mar e tamén coa aviación. Un deles é o xeneral Santos Peralba, fillo predilecto da Vila que, entre outros cargos militares, ocupou o de xefe do Estado Maior do Aire; e D. Manuel Barreiro Álvarez, baionés e o primeiro aviador que recibiu a Laureada de San Fernando”.

O Tenente Xeneral do Exército do Aire D. Ignacio Martínez Eiroa, naceu en Marín o 28 de outubro de 1925, ingresou na Academia Xeral do Aire en xullo de 1945, desde entón e ata o seu retiro por idade, realizou diversos cursos entre os que cabe destacar os de Piloto Militar de Transporte, Piloto de Voo Instrumental, Curso de Apoio Aéreo, e Profesor de Pilotaxe de Helicópteros. Así mesmo, é Diplomado de Estado Maior do Aire, e realizou innumerables operacións de salvamento, como piloto experto en helicópteros, moitas delas na Coruña, rescatando a moitas persoas, que por diferentes causas pasaron apuros no Atlántico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies