spot_img
InicioVal MiñorGondomarCouso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor A última ‘DepoAndaina’ levounos ao pasado, percorrendo fermosas paraxes, que mesmo parecían sacados dun conto. Pontes, muiños, cruceiros… sucédense nesta máxica senda.

A ruta de 12,4 quilómetros que tinha a súa saída desde o centro de Gondomar, levounos ata o paseo fluvial, no que viramos cara a Ponte das Ánimas, seguindo o curso do río ata chegar á aldea de Rasas. Alí comezou unha subida que permitiunos observar antigos muíños ata chegar á parroquia de Couso e a súa igrexa.

A Ponte das Ánimas

Esta ponte de orixe medieval, tamén é hoxe coñecida como Ponte das Ánimas a consecuencia da incorporación o conxunto, en data descoñecida, do Peto de Almiñas. Os petriles desaparecidos e o peto derrubado, foron restituidos e o peto recolocado polo Obradoiro de Emprego Gondomar II no 2005-2006

Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

Os muiños

Neste percorrido puidemos pasar preto de algúns dos muiños que se atopan nesta parroquia e que son sen dúbida un claro exemplo da importancia industrial que tivo este territorio. Un claro exemplo disto, son as levadas ou desvíos do curso fluvial que permitían nos seus tempos regar os campos de cultivo.Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

O muíño tradicional galego ten unha serie de elementos que, con lixeiras variacións locais, se manteñen por todo o país e que aquí podemos contemplalos case como eran, pois ainda parece que non se fixo nada por recuperalos.

A extraordinaria riqueza ecolóxica deste bosque de ribeira, a beleza da súa paisaxe coa súa flora autóctona e as pegadas do pasado agrícola desta zona, nos fan pensar que quizais podería facerse algo máis no súa conservación e posta en valor.Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

“DepoAndainas”

As “DepoAndainas” da Deputación de Pontevedra, pecharon así a súa terceira edición coa celebración desta ruta polas terras de Gondomar, Anteriormente percorreron As Neves, Moaña e Illas Cíes, o Castelo de Sobroso e a Serra do Candán.

O principal obxectivo deste programa é a promoción do deporte e o turismo, poñéndose o foco, na edición deste ano, na posta en valor do patrimonio da provincia de Pontevedra. A idea desta iniciativa es ofrecer actividades gratuítas que impulsen hábitos saudables, pero que tamén promovan o territorio, promocionen o turismo e impulsen a preservación do medio ambiente da provincia.Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

Neste edición, o protagonismo do programa foi para as actividades transversais asociadas ao patrimonio, coa intención de que os participantes poideran coñecer mellor a riqueza histórica, cultural e paisaxística da provincia. Na nosa opinión, o conseguiron.Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor

 

- Publicidade -spot_img