spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda abre espazos públicos para os mais pequenos

A Guarda abre espazos públicos para os mais pequenos

Porto da Guarda

O concello permitirá o acceso as praias, ao castelo de Santa Cruz e aos espazos naturais para o desfrute da cidadanía

Este luns celebrouse, como cada semana, dende o comezo do estado de alarma, unha xuntanza da Comisión de Coordinación do COVID-19 do concello da Guarda.

Nesta xuntanza, na que algúns dos participantes interveñen de forma telemática, o alcalde, Antonio Lomba, fixo o resumo semanal das accións relacionadas co estado de alarma. A súa vez valoráronse e tomáronse decisións sobre as novas medidas do concello para a desescalada, que comezou o pasado domingo coa saída dos máis cativos. Tamén se propuxeron liñas de traballo para ir adiantándose a futuros escenarios como a elaboración dun documento técnico e un protocolo para o momento en que se volvan a prestar servizos nas oficinas municipais de forma presencial.

En canto as medidas relacionadas coa desescalada progresiva o concello vai a permitir o acceso as praias, ao castelo de Santa Cruz e aos espazos naturais, como o parque do Cancelón. Nestes espazos permitirase, a partir do martes 28 de abril, o paseo e esparcemento dos máis pequenos, sempre e cando cumpran coa normativa estatal: ir acompañado dun adulto, permanecer fora do domicilio como máximo unha hora e non alonxarse da vivenda máis dun quilómetro. Manteránse pechados os parques infantís para evitar aglomeracións.

Ademais dos temas sinalados tamén se trataron outras cuestións, como a convocatoria dun pleno extraordinario para a adopción de medidas económicas, entre elas a de non cobrar as terrazas neste 2020. Así mesmo falouse da adopción de medidas de fomento e dinamización do sector turístico e o comercio local, neste punto o alcalde emplazou aos membros do equipo de goberno a unha reunión monográfica da a importancia do tema.

- Publicidade -spot_img