spot_img
InicioVal MiñorBaionaProtección Civil e persoas voluntarias de Baiona reparten máscaras de protección entre...

Protección Civil e persoas voluntarias de Baiona reparten máscaras de protección entre as persoas máis vulnerables do municipio

Protección Civil e persoas voluntarias de Baiona reparten máscaras de protección entre as persoas máis vulnerables do municipioAs máscaras foron elaboradas por persoas voluntarias do municipio ás que o alcalde Carlos Gómez “agradece a súa colaboración e solidariedade”

Protección Civil do Val Miñor e persoas voluntarias de Baiona, –entre as que estaban as concelleiras de Servizos Sociais, Concepción Vara, e Deportes e Cultura, Miriam Costas–  comezaron hoxe a distribuír máscaras de protección ao sector de poboación máis vulnerable e polo tanto, de maior risco ao COVID-19, como poden ser as persoas maiores de 65 anos.

As máscaras que se están a repartir, foron elaboradas por voluntarios e voluntarias do municipio para, posteriormente, pasar un proceso de esterilización que permita a súa utilización con todas as garantías.

Carlos Gómez, alcalde de Baiona, asegurou “estar máis que orgulloso” do comportamento da veciñanza nesta crise do COVID-19. “Non só orgulloso dos que cumpren estritamente as normas de confinamento, ás veces nada fáciles de seguir, senón de todos e todas os que, como no reparto destas máscaras de protección, colaboran co Goberno local axudando aos seus veciños e veciñas”. Estes comportamento, asegurou o rexedor local, “amosan unha enorme capacidade solidaria e extraordinarias doses de humanidade”.

O rexedor local quixo tamén enviar un especial agradecemento “a eses veciños e veciñas anónimos que, sen pedir nada a cambio e sen dubidar nin un momento, traballan arreo confeccionando máscaras para que os sectores de maior risco, síntanse máis protexidos”. “Con todos eles e elas terá Baiona, unha débeda de gratitude permanente”, concluíu Carlos Gómez.

- Publicidade -spot_img