spot_img
InicioCondado ParadantaA Festa da Lamprea de Arbo xa é Festa de Interese Turístico...

A Festa da Lamprea de Arbo xa é Festa de Interese Turístico Internacional

A Festa da Lamprea de Arbo xa é Festa de Interés Turístico InternacionalUn ano máis, FITUR foi o escenario para presentar a Festa da Lamprea, onde como Prato forte do Acto tivo lugar a comunicación de que a FESTA DA LAMPREA FOI DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL

Cousas de revista nº16

Horacio Gil, alcalde de Arbo, presentaba na caseta de Turgalicia os atractivos deste concello que ostenta o recoñecemento de ‘Villa da lamprea e corazón dos viños Condado e Albariño’ e a Festa da Lamprea, onde como prato forte do Acto tivo lugar a comunicación de que a Festa da Lamprea foi declarada de Intereres Turístico Internacional. Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito turístico.

Durante o acto de presentación na Caseta de Turgalicia en Fitur, a Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística, Dª. Ana Muñoz Llabrés cara a entrega a D. Horacio Gil, Alcalde de Arbo da distinción de Festa a Festa da Lamprea de de Interese Turistico Internacional.

Tras a presentación e para celebrar a gran noticia, os asistentes puideron degustar a lamprea de Arbo, acompañada dos viños das nosas adegas con DO Rias Baixas.

A Festa da Lamprea de Arbo tivo a súa orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a primeira edición co obxectivo de dar a coñecer este produto, así como os viños albariño do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Rías Baixas. Desde entón, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante do ano na que miles de persoas acoden para degustar a lamprea nas súas diferentes preparacións, acompañada dos caldos da zona.

En 2005 logrou a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, en 2016 o recoñecemento a nivel nacional e a súa 63 edición será Festa de Interese Turistico Internacional.

Horacio Gil, comezaba o seu discurso dando as grazas a Turismo de Galicia e á súa directora, Nava Castro, pola oportunidade que nos brindan de dar a coñecer Arbo e a Festa da Lamprea, que tanto representa a nós e a Ana Jar Rodríguez-Medel Subdirectora Adxunta da Secretaria de Estado de Turismo que tamén participo no acto e proseguia “A Festa da Lamprea é o noso ORGULLO nela envorcamos todo o noso traballo, esforzo e agarimo. Esta festa serve para render homenaxe a todas as persoas que ao longo da historia deron a coñecer a nosa localidade: precursores da Festa, alcaldes, corporacións, pescadores, cociñeiros, asociacións e veciños. A Festa é unha gran cita, A nosa CITA, A nosa FESTA”

A exaltación da Lamprea foi unha oportuna e importante iniciativa cultural que alcanzou gran popularidade ao longo dos anos ata converterse en 2005 en “Festa de Interese Turístico de Galicia” e en 2016 en “Festa de Interese Turístico Nacional” que recoñece a antigüidade, continuidade no tempo, o arraigamento e a participación cidadá, así como a orixinalidade e diversidade dos actos e as accións de promoción realizadas para o efecto.

A Festa da Lamprea é a manifestación e o VALOR dun Pobo. Un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior. Un pobo onde a súa xente hospitalaria e os seus visitantes apostan polo desenvolvemento e mellora da calidade de vida deste municipio.

Comeza a tempada de lamprea en Arbo

A Festa da Lamprea é unha fórmula perfecta para impulsar o turismo e o interese por Arbo, o seu patrimonio, cultura e tradicións. Unha fórmula onde a poboación local ten moita presenza xa que é parte activa da celebración. Unha forma de facer turismo que fará que quen veña a vernos sentan como na casa, porque Arbo é como unha gran familia, onde quen chega, xa sexa a unha mesa nun restaurante ou nun dos nosos aloxamentos, é tratado como uno máis, con proximidade, agarimo e hospitalidade-manifesta o rexedor Horacio Gil – e este recoñecemento de Interese Turístico Internacional, recoñece a importancia, a tradición, o arraigamento e o traballo desenvolvido a favor deste evento, o noso evento – a nosa festa da Lamprea

A ‘Festa dá Lamprea’, que en 2023 cumpre 63 anos e celébrase os días 28, 29 e 30 de abril. Nela, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas. Pero tamén se elabora frita e rebozada, asada á brasa, e xa fóra da tempada de pesca, tras secala, na súa tradicional empanada, rechea ou nun guiso de fideos e tirabequees- e este ano con orgullo e ilusión celebrámola como FESTA DE INTERES TURISTICO INTERNACIONAL.

- Publicidade -spot_img