spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta en FITUR a Festa da Arribada 2023

Baiona presenta en FITUR a Festa da Arribada 2023

Baiona presenta en FITUR a Festa da Arribada 2023O Concello de Baiona presentou en Fitur a súa Festa da Arribada 2023, que se celebrará entre os días 3 e 5 de marzo de 2023.

Cousas de revista nº16

Ante o sector turístico nacional e internacional, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destacou que a Arribada, Festa de Interese Turístico Internacional, “é a conmemoración dun fito histórico, o encontro entre dous mundos, unha fin de semana na que todos os que nos acompañan fan unha viaxe no tempo”.

“Os verdadeiros artífices e protagonistas da Arribada son os baioneses e baionesas, que tratan con moito agarimo aos que nos visitan na Festa da Arribada, demostrando que somos unha vila moi acolledora”, engadiu.

Carlos Gómez tamén asistiu á presentación en Fitur do Mundial J80, a cargo do Monte Real Club de Yates de Baiona.

“Temos por diante meses de moi boas novas para o turismo e o sector servizos de Baiona, o interese mostrado estes días polo sector augura de novo un ano de récords de ocupación, non só nos meses de verán”, afirma o alcalde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.