Na tarde do pasado luns, inaugurábase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica de Tui), a exposición ‘Misión: Atalanta’, que se poderá visitar ata o próximo 28 de outubro.
A Subdelegación en Pontevedra e a Comandancia Naval do Miño, en colaboración co Concello de Tui organizan a exposición sobre a misión Atalanta que as Forzas Armadas desenvolven en augas do Océano Índico.
A exposición está situada no Edificio “Francisco Sánchez” e poderá ser visitada, con entrada libre, ata o 28 de outubro. Na inauguración da exposición, o alcalde en funcións, Rafael Estévez como máximo representante municipal deu a benvida e agradeceu á Subdelegación de Defensa a cesión desta exposición, así como o traballo que realizan as Forzas Armadas. Tamén presente, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba García, lembrou a actuación da Armada Española durante o secuestro do atunero “Alakrana” poñendo en valor o traballo das Forzas Armadas na seguridade mundial. Doutra banda, o subdelegado de Defensa, coronel Miguel Cortés, realizou unha presentación sobre a orixe e situación da devandita operación, estando presente as autoridades locais.
Tras esta exposición, os asistentes visitaron as máis de corenta fotografas que forman parte da exposición. A autoría destas imaxes reside na súa práctica totalidade no fotógrafo Paco Hortas, especializado en reportaxe de axuda humanitaria, ONG’s e viaxes.
A operación Atalanta foi tanto a primeira actuación naval da Unión Europea no marco da Política Común de Seguridade e Defensa, como a primeira misión militar específica de loita contra a piratería
A mostra ofrece diferentes fotografías da Operación Atalanta, que é a primeira actuación naval da Unión Europea no marco da Política Común de Seguridade e Defensa, como misión militar específica de loita contra a piratería no Corno de África.
Así mesmo, ponse de manifesto o esforzo das Forzas Armadas, que desde o ano 2008 participou con máis de 5.000 militares da Armada formado parte das dotacións dos buques de guerra, así como do persoal do Exército do Aire despregado no Destacamento Orión en Xibutí, e do Exército de terra na Misión de Adestramento da Unión Europea (EUTM) en Somalia para instruír ao exército somalí.







