spot_img
InicioGaliciaGalicia lanza un bono para impulsar as compras nos establecementos de proximidade

Galicia lanza un bono para impulsar as compras nos establecementos de proximidade

Galicia lanza un bono para impulsar as compras nos establecementos de proximidadeA segunda edición dos Bonos Activa Comercio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e reactivar o sector comercial, permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras, fomentando deste xeito o consumo no comercio de proximidade.

Revista COUSAS DE Nº15

Mediante este programa promovido pola Administración galega e que se porá en marcha os próximos días, os clientes poderán acceder a un bono desconto por un valor de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos.

Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros.

A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase ata o 15 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo.

5 millóns de euros de orzamento para apoiar a sector comercial

Con esta iniciativa, de cuxa primeira edición se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica.

 

Cun orzamento que alcanza os 5 millóns de euros, este programa da Xunta súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.