spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”...

A exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” pode visitarse en Redondela

A esposición “Galicia Escandinava” pode visitarse en Redondela
Fundación Carlos Casares

A exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” pode visitarse na Sala de Exposicións do Multiusos da Xunqueira ata o 17 de novembro.

Revista COUSAS DE Nº15

A mostra, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, e coa colaboración do Concello de Redondela, formou parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, e inciden as pegadas das culturas galega e escandinava en ambos os dous territorios. A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades culturais que desenvolve no na provincia de Pontevedra, abre a exposición “Galicia escandinava.

O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”. A mostra poderá visitarse do 25 de outubro ao 17 de novembro na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira en Redondela, e está destinada a todos os públicos. A exposición formou parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, que percorreu xa os concellos como Carral, Catoira, Nigrán, Ourense, Xinzo de Limia, Gondomar ou Vigo, entre outros, ademais de facer parada internacional en Noruega e Suecia no ano 2021.

A EXPOSICIÓN

O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través do Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea.

A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor porGalicia. Na web da mostra poden consultarse os textos da exposición, ademais de en galego, en castelán e en inglés con posibilidade de escoitalos mediante lectura automatizada.

- Publicidade -spot_img