spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA exitosa serie "Los enviados" inicia a rodaxe da súa segunda temporada...

A exitosa serie “Los enviados” inicia a rodaxe da súa segunda temporada en Galicia

A exitosa serie "Los enviados" inicia a rodaxe da súa segunda temporada en Galicia
Miguel Ángel Silvestre e Luis Gerardo Méndez

A primeira temporada, que está dispoñible en exclusiva en Paramount+, foi galardoada nos New York Festivals® TV & Film Awards co Premio de Ouro ao Mellor Drama e o Premio de Prata ao Mellor Guión

Paramount+ anunciou o inicio da rodaxe da segunda temporada de Los Enviados, a exitosa serie orixinal dirixida polo recoñecido director e guionista Juan José Campanella, gañador dun premio Oscar, e producida por VIS, o estudo internacional de Paramount, en asociación con 100 Bares e a galega Portocabo. A primeira temporada de Los Enviados, un éxito mundial en Paramount+, foi galardoada nos New York Festivals® TV & Film Awards, un dos premios internacionais máis prestixiosos da industria, onde recibiu o Premio de Ouro ao Mellor Drama e o Premio de Prata por Mellor Guión.

A exitosa serie "Los enviados" inicia a rodaxe da súa segunda temporada en Galicia

 

Esta mañá presentouse no concello da Guarda, o inicio de rodaxe desta segunda temporada da serie. Na presentación estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, Alfonso Blanco (CEO de Portocabo e produtor executivo da serie), José ‘Fidji’ Viggiano (VP de Producción de VIS Americas -Paramount-), Juan José Campanella (director de 100 bares e showrunner de Los Enviados) e Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia). Ao evento tamén acudiron como invitados a concelleira de  Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente e o alcalde do Concello de Nigran, Juan González.

Unha rodaxe que transcorre en Galicia

Durante a rolda de prensa o alcalde da Guarda, Antonio Lomba deu a benvida aos asistentes e agradeceu que a produción escollese A Guarda e outras localidades da zona para a gravación desta segunda temporada.

José Fidji Viggiano (VP de Producción de VIS Americas -Paramount-) sinalou que dende Paramount “buscamos desarrollar contenido de calidad con los mejores talentos y socios, en este caso 100 Bares y Portocabo”. E quixo facer énfase no emocionados que estaban de poder grabar en Galicia “las localizaciones son totalmente increíbles, el resultado va a ser muy bueno”.

Juan José Campanella (showrunner da serie) tamén quixo expresar a seu entusiasmo por estar rodando na Comunidade: “Galicia es un lugar hermoso, todas las localizaciones donde estamos grabando son maravillosas. Estamos muy felices de estar aquí y esperamos que esta segunda temporada tenga todavía más éxito que la primera”. Preguntado polo rodaxe na Guarda, subliñou que “este é o escenario perfecto para o que estamos a contar”.

A exitosa serie "Los enviados" inicia a rodaxe da súa segunda temporada en Galicia

Por parte de Portocabo, Alfonso Blanco (Portocabo) manifestou o orgullo que é para a produtora poderse embarcar nun proxecto con 100 Bares e Paramount. “Como productor gallego es un orgullo poder traer un contenido internacional aquí. Es nuestra primera colaboración con latinoamérica, algo muy buscado por nosotros y estamos muy contentos de poder trabajar con estos socios y este talento”.

Pola súa parte, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, destacou que:es un privilegio poder presentar una serie de carácter internacional en Galicia y  el efecto que esto tiene: que nuestra comunidad se vea en todas partes del mundo”. O Conselleiro tamén quixo remarcar que esta rodaxe con axentes internacionais e co talento que está involucrado “es la muestra del buen momento que atraviesa el sector audiovisual en Galicia”.

 Los enviados: Cal é a trama desta serie?

Os protagonistas son os cregos Simón Antequera e Pedro Salinas, que nesta ocasión deben determinar a veracidade dun milagre nun convento onde viven tres monxas cegas. Pero, ao pouco de chegar, prodúcese unha estraña morte na vila. Así, atópanse envoltos nunha dobre investigación: unha de carácter místico e outra moito máis terrenal e concreta.

A nova temporada, que se rodará en diferentes localizacións españolas de Galicia, está protagonizada por Luis Gerardo Méndez e Miguel Ángel Silvestre xunto a Assira Abbate e un elenco que completan Marta Etura, Susi Sánchez, Francis Lorenzo, Pepón Nieto, Pepo Suevos, Charo Zapardiel, Cristina Marcos, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira, Miquel Insúa, Martí Cordero, Guillermo Carbajo, Carlos Olalla e Luis Iglesia.

Este apaixonante thriller contará, de novo, con Juan José Campanella como showrunner, que tamén será o encargado de dirixir xunto a Martino Zaidelis, Camilo Antolini e Inma Torrente. Escrita por Eduardo Sacheri, Emanuel Diez, Juan Pablo Domenech e Juan José Campanella, a segunda temporada conta coa produción executiva de Muriel Cabeza, por 100 Bares, e Alfonso Blanco, por Portocabo.

A ficción rodarase ata finais de decembro nos concellos de Forcarei, Nigrán, A Guarda, Tui, Oia, Pontevedra e Santiago. Conta co apoio do HUB Audiovisual da Xunta de Galicia xestionado por AGADIC, que ofrece unha inxección económica para as produtoras independentes galegas. Unha medida que, ademais de atraer rodaxes á comunidade autónoma, aumenta a competitividade e fortalece o tecido audiovisual galego. Trátase dunha operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia do COVID-19.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.