spot_img
InicioAlto MinhoA Eurocidade colabora no proxecto "As fronteiras do século XXI" da Universidade...

A Eurocidade colabora no proxecto “As fronteiras do século XXI” da Universidade de Vigo

A Eurocidade colabora no proxecto As fronteiras do século XXI da Universidade de Vigo A alcaldesa de Tomiño e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira reuníronse co coordinador do proxecto para analizar o impacto da COVID-19 na situación transfronteiriza

Revista COUSAS DE nº14

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, reuníronse o pasado 11 de xullo co Dr. Enrique José Varela Álvarez, da Universidade de Vigo, coordinador do proxecto CONACYT “As fronteiras do século XXI: A reconfiguración e novas funcións das fronteiras do século XXI”.

No encontro, os responsábeis da Eurocidade Cerveira-Tomiño analizaron o impacto da COVID-19 na situación transfronteiriza a través da súa colaboración no proxecto, no que participan tamén investigadores da Arizona State University (Estados Unidos) e do Departamento de Estudos de Población do Colexio da Fronteira Norte (Nogales, México).
Sandra González e Rui Teixeira resaltaron o importante papel da Eurocidade na resposta aos efectos da pandemia e ás protestas contrarias ao peche das fronteiras, coordinadas eficazmente a través da AECT Rio Minho. Tamén lembraron que, fronte aos negativos efectos sociais e económicos sufridos, é necesario reforzar a cogobernanza e “garantir que os fondos europeos para a recuperación e a cooperación transfronteiriza cheguen directamente aos territorios da fronteira”.

Na reunión tamén se abordaron outros aspectos da relación de colaboración transfronteiriza que ambas as dúas vilas veñen desenvolvendo dende hai décadas, a través de diferentes iniciativas, como o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), actividades deportivas, culturais e lúdicas puntuais; partilla de servizos públicos, etc.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.