spot_img
InicioAlto MinhoA Eurocidade Cerveira-Tomiño pasa ao 2021 a execución de proxectos vencedores OPT...

A Eurocidade Cerveira-Tomiño pasa ao 2021 a execución de proxectos vencedores OPT do pasado ano

A Eurocidade Cerveira-Tomiño pasa ao 2021 a execución de proxectos vencedores Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) do pasado ano e se cancela a edición deste ano

Perante o actual contexto de pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CXE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu, esta semana, cancelar a próxima edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño, e prorrogar para 2021 a execución dos proxectos vencedores do ano pasado. Durante a reunión, que decorreu por videoconferência, decidiuse tamén non celebrar eventos coma o Triatlo da Amizade ou o Festival Infantil “Aventura na Terra da Amizade2, ao non darse as condicións administrativas e de seguridade para a saúde necesarias.

Tras a decisión do CXE, foron contactadas as entidades que presentaron os proxectos vencedores á IV edición do OPT Cerveira-Tomiño, coa intención de informar e de revisar os procedementos para que a execución aconteza en 2021. Lembran que as poboacións de Cerveira e Tomiño elixiron dous proxectos que apostan polo concepto de vida saudábel. En primeiro lugar, “As Rutas Miño/Roteiros Miño”, presentado polo Club Celtas do Miño (Vila Nova de Cerveira) e por Carlos Xabier Oliveira Ortega (Tomiño), e cuxo obxectivo principal é dar a coñecer a paisaxe, cultura, patrimonio e ambiente a través de camiñadas interpretativas e conversas na natureza entre os dous concellos.

En segundo lugar, o proxecto “Pensar o corpo, mover a mente”, que ten como propósito incentivar as poboacións a practicar deporte, valorizando a saúde física e mental a través de experiencias saudábeis, nunha colaboración entre o Citius Fit (Vila Nova de Cerveira) e a Asociación Sociocultural Senraia (Tomiño).

Presentado no inicio deste ano, o Plano de Actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño para 2020, primaba a dinamización da economía local, a potenciación da participación pública, a melloría no acceso aos servizos partillados e a organización de eventos conxuntos, a través da concreción de proxectos que promoven o denvolvemento das poboacións fronteirizas.

A incerteza xerada por esta crise sanitaria mundial leva os municipios veciños a reorientar a dinámica delineada para 2020 no formato previsto, manténdose os contactos online entre os alcaldes, os equipos técnicos e as provedoras transfronteirizas para avaliar a posibilidade dunha aposta pola vertente virtual, así como a situación actual e futura no contexto da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

- Publicidade -spot_img