Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán permitirá o acceso as súas praias e ao baño sempre que...

Nigrán permitirá o acceso as súas praias e ao baño sempre que se cumpran cos requerimentos de seguridade

O goberno local ubicará nos areais lonas informativas onde se apelará á cidadanía coa obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade e todos os protocolos de hixiene

O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, permitirá o acceso aos seus areais este luns 25 de maio sempre que se cumpran os requerimentos sanitarios esixidos, tal e como especificará en diferentes lonas informativas a pé de praia.

“Estamos todavía en maio e sabemos que non haberá ningún problema de aglomeracións nesta data, sen embargo, facemos un chamamento á responsabilidade individual para que cumpran cos requerimentos establecidos”, indica o alcalde, Juan González, quen insiste en que desde o Concello de Nigrán non se ten pechado ningún plan específico para xullo e agosto. “Non se pode prever agora que medidas se establecerán en pleno verán, estaremos atentos a todas as indicacións sanitarias para adaptarnos ao que sexa preciso nese intre, non ten sentido adiantar nada agora, polo momento repetimos o noso lema: Paciencia, Cariño e Calma”, incide González, quen de entrada rexeita ideas como parcelar o areal ou controlar accesos mediante aplicacións. “O ano pasado conseguimos que Praia América amencese sen nada de lixo da noite de San Xoan grazas a unha campaña que lanzamos, foi algo insólito no que poucos confiaban e que funcionou de marabilla, estamos seguros de que medidas dese tipo nos van a axudar á que nas nosas praias se manteñan os protocolos sanitarios, por experiencia, cremos na concienciación máis que na prohibición”.

Os requerimentos nos que se incidirá na campaña do Concello de cara a Fase 2 da desescalada nas praias son:

  • – Non se permite acceder á praia con Covid-19 ou calquera síntoma compatible co mesmo ou situación de illamento preventivo.
  • – Distancia de seguridade mínima de 2 metros.
  • – Obxectos persoais e toallas deben permanecer no perímetro de seguridade dos dous metros establecidos, evitando contactos co resto de usuarios.
  • – Non está permitido empregar as duchas, fontes, nin lavapés
  • – Manter os códigos hixiénicos establecidos: tusir no cóbado ou nun pano de tirar e realizar unha hixiene de mans periódica.
  • – O número máximo de persoas nun mesmo grupo será o que determine o BOE en cada fase
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies