spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Escola de Vela do MRCY de Baiona clausurou o seu terceiro...

A Escola de Vela do MRCY de Baiona clausurou o seu terceiro curso de vela adaptada destinado a persoas con todo tipo de discapacidades

-escola-de-vela-do-monte-real-clausurou-o-seu-terceiro-curso-de-vela-adaptada-destinado-a-persoas-con-todo-tipo-de-discapacidades

O Monte Real Club de Yates celebrou este mércores en Baiona o acto de clausura durso de Vela Adaptada 2015 – 2016, no que ao longo do último ano participaron uns 65 alumnos de distintas asociacións de discapacitados de Galicia.

É o terceiro curso destas características que o club baionés imparte desde a creación, en 2012, da súa Escola de Vela Adaptada, a través da cal pretende achegar o mar a persoas con diversidade funcional para que poidan navegar en igualdade de condicións.

Durante os últimos meses, alumnos e alumnas con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais do Centro Juan María de Nigrán, a Asociación Vontade de Tomiño e o Centro de atención a persoas con discapacidade de Redondela, asistiron a clases teóricas con monitores especializados, saíron a navegar pola baía e participaron en diferentes actividades relacionadas coa náutica.

O broche final do curso púxoo esta mañá a entrega de diplomas celebrada nas instalacións do Monte Real Club de Yates, un acto que estivo presidido polo conselleiro da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela. Na súa intervención, o titular de Política Social da administración autonómica, destacou o gran traballo que realiza o club baionés coas persoas con capacidades diferentes. ‘Unha sociedade’ asegurou Rey Varela ‘valórase por como trata ás persoas, e neste sentido o Monte Real Club de Yates é todo un exemplo a seguir’.

-escola-de-vela-do-monte-real-clausurou-o-seu-terceiro-curso-de-vela-adaptada-destinado-a-persoas-con-todo-tipo-de-discapacidades

Na súa intervención ante os alumnos do curso de vela adaptada, o conselleiro da Xunta fixo mención ao recoñecemento polas súas boas prácticas recibido hai uns meses pola Escola de Vela Adaptada do Monte Real na Feira Internacional de Turismo de Berlín. Lembrou tamén a distinción que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), outorgoulle ao club en 2014 polo seu traballo na eliminación de barreiras arquitectónicas e a atención a persoas con discapacidade.

Por parte do club baionés interveu o seu presidente, José Luis Álvarez, para dar a benvida e o parabén a todos os alumnos do curso, e agradecer á Xunta de Galicia o seu apoio á iniciativa, a través da Consellería de Política Social e a Secretaría Xeral para ou Deporte. O vicepresidente Alejandro Retolaza animou ás administracións públicas e outras empresas e institucións seguir apoiando á Escola de Vela Adaptada, para que poida ampliar os seus servizos e chegar cada vez a máis xente.

No seu discurso, Retolaza lembrou tamén outras iniciativas impulsadas desde o club para potenciar a vela adaptada, como o Campionato de España da Clase 2.4mR, que se celebrará en Baiona os días 24, 25 e 26 deste mes. Son tres xornadas de regatas nas que deportistas con e sen discapacidades, chegados de diferentes puntos de España, competirán en igualdade de condicións na baía baionesa.

Anunciou tamén a celebración, o próximo 10 de setembro, da segunda edición do Vertiatlón Solidario, un tríatlon organizado en colaboración co concello de Baiona co que recadarán fondos para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real.

A clausúraa do Curso de Vela Adaptada 2015-2016 tamén asistiron a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; a concelleira de Benestar Social de Baiona, Mª Carmen Paredes; o concelleiro de Accesibilidade de Baiona; Policarpo Vilar; e Inés González Megido, en representación de Fundación Repsol. Tras a entrega dos diplomas aos alumnos, o evento finalizou cunha foto de familia de todos os participantes e autoridades presentes.

O próximo curso de vela adaptada do Monte Real Club de Iates comezará en setembro.

-escola-de-vela-do-monte-real-clausurou-o-seu-terceiro-curso-de-vela-adaptada-destinado-a-persoas-con-todo-tipo-de-discapacidades

Distincións

O Monte Real Club de Yates de Baiona foi fundado en 1964 e a súa Escola de Vela Adaptada nace no ano 2012 co obxectivo de acercar o mundo de vela a persoas con algún tipo de discapacidade. A través da mesma, esta entidade deportiva organiza saídas ao mar para persoas con distintos tipos de discapacidade. No 2014 o club foi merecedor dunha distinción da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) pola eliminación de barreiras arquitectónicas e o seu traballo con persoas discapacitadas; e máis recentemente, o pasado mes de marzo deste ano, a súa actividade tamén obtivo o recoñecemento de Boas Prácticas na Feira Internacional de Turismo de Berlín.

- Publicidade -spot_img