spot_img
InicioVal MiñorNigránA Biblioteca Municipal de Nigrán renova os equipos informáticos de consulta

A Biblioteca Municipal de Nigrán renova os equipos informáticos de consulta

biblioteca-municipal-de-nigran-renova-os-equipos-informaticos-de-consulta

O Concello de Nigrán ven de engadir un novo ordenador de consulta na Biblioteca Municipal de Nigrán e de reacondicionar os dous existentes, con elo, gáñase un posto máis dende onde o usuario pode conectarse á rede e optimizase o seu funcionamento.

Por outra banda, a biblioteca conta dende maio cun novo traballador, trátase dun diplomado en Biblioteconomía e Documentación que grazas á financiación da Deputación desenvolverá ao longo deste ano a súa labor na biblioteca.

Ademais, dende outubro a Biblioteca modificou o horario de 9.00 a 21.00 horas de luns a venres, deixando polo tanto de pechar a mediodía, tal e como viñan reclamando os usuarios.

Paralelamente, o Concello prevé dispor durante este ano dun proxecto técnico de Biblioteca Municipal  deseñado dende a Escola Superior de Vilanova de Cerveira (Portugal) para dar cobertura ás necesidades reais dos seus veciños. “Temos que reforzar e mellorar ao máximo este servizo, sabemos que actualmente se queda corto”, reconoce o alcalde de Nigrán, Juán González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.