spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda prepárase para celebrar a 21ª Edición da Travesía a Nado

A Guarda prepárase para celebrar a 21ª Edición da Travesía a Nado

a-guarda-preparase-para-celebrar-a-21a-edicion-da-travesia-a-nado

Esta actividade forma parte das programadas dentro da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa por excelencia da localidade, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo.

O concello da Guarda prepárase para celebrar, o vindeiro sábado dous de xullo ás 12 horas, unha nova Travesía a Nado, e xa será a 21ª edición desta competición.

Esta actividade forma parte das programadas dentro da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa por excelencia da localidade, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo.

A Travesía  Nado está promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda en colaboración co club de Remo Robaleira; o Club ALAGUA; a Confrarías de Pescadores Santa Tecla; e o RíoVerde motores forabordas. Nela poden participar  tanto nadadores federados como non federados.

Existen un total de 12 categorías, 6 para homes e seis para mulleres, distribuídas do seguinte xeito:

CATEGORÍA FEMININA                         CATEGORÍA MASCULINA

A – Nados nos anos 2010-2016                      C – Nados nos anos 2010-2016

B – Nados nos anos 2005-2009                      D – Nados nos anos 2005-2009

E – Nados nos anos 2001-2004                      I – Nados nos anos 2001-2004

F – Nados nos anos 1996-2000                      J – Nados nos anos 1996-2000

G – Nados nos anos 1979-1995                     K – Nados nos anos 1979-1995

H – Nados en 1978 e anteriores                      L – Nados en 1978 e anteriores

a-guarda-preparase-para-celebrar-a-21a-edicion-da-travesia-a-nadoA distancia varía segundo a categoría. Para A, B, C, D é de 400 metros. Para o resto será de 1200 metros. A saída será dende o Porto da Guarda, xunto á Carpa da Festa da Langosta.

O prazo de inscrición está aberto dende o día 10 de xuño ata o mércores 29 de xuño. A inscrición é gratuíta e pode realizarse na web http://www.reunalia.com/7045867. Os nadadores minores de idade necesitan autorización do pai/nai ou titor, que poden descargar na páxina http://aguarda.es, para recoller o gorro. Esta recollida farase o día da proba entre as 10,30 E 11,50 horas.

Para máis información poden chamar ó Concello da Guarda ó 986 610 000, poñerse en contacto a través do e-mail deporte@aguarda.es ou consultar a web www.aguarda.es e o blog deporteaguarda.blogspot.com.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.