spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club Yates de...

A Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club Yates de Baiona recoñecida na ITB Berlin como exemplo de boas prácticas

a-escola-de-vela-adaptada-do-monte-real-reconecida-na-itb-berlin-como-exemplo-de-boas-practicas
Alumnos del CAPD Redondela en la Escuela de Vela Adaptada del MRCYB

A Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates foi recoñecida como unha acción exemplar que supón un modelo de boas prácticas e un avance significativo para o progreso da sociedade na Feira Internacional de Turismo celebrada este mes de marzo en Berlín.

A iniciativa do club, en marcha desde o ano 2012, foi presentada polo concello de Baiona aos premios “Green Destinations 2016 Global Top 100“, que recoñecen os avances que se producen no ámbito do turismo sustentable nos destinos Quality Coast.

Trátase de dar a coñecer e compartir entre os distintos países, aquelas accións exemplares que supoñen un modelo de boas prácticas e un avance significativo para o progreso da sociedade.

comillasA escola ten como principal obxectivo achegar o mundo da vela a persoas con distintas discapacidades tanto físicas como psíquicas

A Escola de Vela do Monte Real Club de Yates ten como principal obxectivo achegar o mundo do deporte en xeral, e da vela en particular, a persoas con distintas discapacidades, tanto físicas como psicosociais, cognitivas ou sensoriais.

Por ela pasaron, desde a súa creación en 2012, centos de alumnos de agrupacións e asociacións de distintos puntos de Galicia, para navegar pola baía de Baiona nos barcos adaptados do club.

 VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=qMO9jzYQOu8

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.