spot_img
InicioBaixo MiñoO patrimonio histórico, natural e gastronómico protagonista na nova guia turística de...

O patrimonio histórico, natural e gastronómico protagonista na nova guia turística de Tui

o-patrimonio-historico-natural-e-gastronomico-protagonista-na-nova-guia-turistica-de-tui

Hoxe presentáronse en rolda de prensa os seis dípticos e a guía turística elaborados polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015, no que turistas, peregrinos e mesmo veciños poden coñecer máis polo miúdo a través deste novo material a ampla oferta turística que ofrece Tui, protagonizada polo patrimonio histórico e natural, xunto coa gastronomía e restauración da cidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que “sempre foi unha demanda para o goberno local que o turismo tivese máis presenza, potenciándoo dende as súas diversas facetas, mellorando os servizos na oficina de turismo e no punto de información”. O obxectivo, segundo o rexedor tudense, é alcanzar os 70.000 visitantes anuais. Finalmente, quixo agradecer o traballo realizado polos alumnos do obradoiro e todos cantos colaboraron de xeito altruísta, xa que Tui ten, despois de moitos anos, un soporte físico das súas potencialidades turísticas.

Pola súa parte o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, tamén quixo felicitar o labor levado a cabo polos alumnos do obradoiro e polos colaboradores. O responsable de Turismo indicou que Tui vai figurar por primeira vez como destino na guía dos touroperadores do Porto de Vigo para o vindeiro ano e están a preparar unha guía específica para que os cruceiristas poidan ver Tui en catro horas.

Da guía turística presentada hoxe realizouse unha primeira tirada de 100 exemplares editada en galego, que está dispoñible na oficina de turismo e en diferentes establecementos da cidade. De cada un dos dípticos turísticos editáronse 500 exemplares en galego, castelán e inglés.  O investimento total na edición e impresión dos dípticos e das guías ascendeu a 3.000 euros.

O concelleiro tamén se referiu á apertura dun punto de información turística no camiño portugués a Santiago, dado o despegamento do número de peregrinos que elixen Tui para iniciar ‘o camiño portugués’ consolidado como segundo de Europa en número de peregrinos.

Ante as manifestraciones dalgunha das alumnas do taller de emprego que manifestaron ‘non entender o que non se aproveite todo o que aprenderon sobre Tui’, de maneira de que sexan contratados realizando servizos turísticos no Concello, o concelleiro respondeu que existen limitacións legais e orzamentarias e anunciou que sairá a concurso un posto para visitas guiadas e o próximo ano espérase a incorporación no Concello dun técnico en turismo.

En canto ao momento de información situado na Praza da Inmaculada, indicou que ata o mes de maio non se dispoñerá de persoal da Deputación para facerse cargo. En canto á oficina de Turismo municipal, na Praza de San Fernando, se abrira en Semana Santa.

o-patrimonio-historico-natural-e-gastronomico-protagonista-na-nova-guia-turistica-de-tuiA Atalaia do Camiño, guía de turismo de Tui

A guía turística leva por título “A Atalaia do Camiño, Tui” e a través de 73 páxinas  permite mergullarnos na historia tudense e no seu rico patrimonio e monumentalidade, e coñecer máis sobre o Casco Histórico tudense, o Camiño de Santiago, a Catedral, a Ponte Internacional, as murallas, o Cárcere Vello, o Convento das Clarisas, o Convento de Santo Domingo ou o Paseo da Corredoira.  Incorpora amais un dos principais reclamos da cidade, o Monte Aloia, que configura unha das máis destacadas xoias paisaxísticas da comunidade. Finalmente, inclúe información práctica de aloxamento e restauración, xunto con mapas ilustrativos do casco urbano e das parroquias tudenses e un directorio de interese onde se poden consultar outros servizos turísticos.

Dípticos turísticos

Cada un dos dípticos turísticos: natureza e paisaxe, o Camiño de Santiago, a Catedral, calendario de festas e eventos, lugares de interese e restauración e aloxamentos incorpora información de carácter máis práctico.

Así, no díptico de natureza e paisaxe son protagonistas o Monte Aloia, co seu centro de interpretación, os miradoiros, a Ermida e Cama de San Xián, a Muralla Ciclópea e as rutas de sendeirismo aptas para calquera tipo de sendeirista. Tamén ten un apartado destacado o río Miño, que conta cunha importante reserva de marismas e esteiros. No dedicado ó Camiño de Santiago, os peregrinos poden obter información práctica de servizos e mesmo consellos para un “bo camiño”. Asemade, inclúe un directorio cos albergues por cada unha das seis etapas cara a Compostela. Vinculado ó patrimonio está o díptico da Catedral de Santa María, que incorpora de xeito breve explicacións sobre o conxunto formado polo pórtico, o retablo, a sala capitular, a capela das Reliquias ou o Claustro.

No calendario de festas e eventos achéganse as festividades máis singulares da cidade por cada estación do ano e aqueles máis atemporais. No rueiro e lugares de interese temos indicado nun mapa aqueles sitios imprescindibles para os que queiran coñecer a cidade, xunto cunha rota que podemos facer a pé no Casco Histórico. Para rematar, en restauración e aloxamentos engádense dirección e teléfonos de taperías, bocaterías, restaurantes, hoteis, albergues e establecementos de turismo rural de Tui.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.