spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Escola de Cantería de Pontevedra elaborará os galardóns que entregará a...

A Escola de Cantería de Pontevedra elaborará os galardóns que entregará a Enxebre Orde da Vieira en Madrid

a-escola-de-canteria-un-centro-educativo-unico-en-galicia

En total prepararanse en Poio 18 vieiras de granito para entregar no acto da entidade ás persoas distinguidas con este recoñecemento

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra elaborará un total de 18 vieiras de granito que se lles entregarán ás persoas distinguidas con este recoñecemento o próximo 4 de marzo de 2017 en Madrid, durante a celebración do L Capítulo Ordinario da Enxebre Orde da Vieira.

A Enxebre Orde da Vieira xorde no verán de 1967, con motivo do encontro na praia de Panxón (Vigo), organizado por un grupo de persoas orixinarias de Galicia pero residentes en Madrid, e ten o obxectivo de servir de punto de encontro á comunidade de galegas e galegos que viven na cidade.

Os Capítulos da Orde nos que se entregan os galardóns son, de acordo coa propia entidade, actos de exaltación da galeguidade e de reencontro das galegas e dos galegos da diáspora, arredor dun tema establecido en cada convocatoria.

A asociación que preside Enrique Santín Díaz xa recoñecera o importante labor cultural que desenvolve a Escola de Cantería entregándolle o Trofeo Galeguidade 2012, na modalidade de persoa xurídica.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.