spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona atendeu a 30 familias no programa de conciliación de Nadal

Baiona atendeu a 30 familias no programa de conciliación de Nadal

angel-rodal-e-carmen-paredes-na-clausura-do-programa-de-conciliacion-de-nadal-do-concello-de-baiona

Obradoiros, xogos, visita ao belén e festa de Fin de Ano foron algunhas das actividades realizadas dende o 22 de decembro polo Concello de Baiona e que clausurouse este xoves tras recibir durante as festas a 30 menores de entre 3 e 11 anos.

Un total de 30 familias baionesas acudiron durante as presentes festas navideñas ao Programa de Conciliación de Nadal posto en marcha polo Concello de Baiona para facilitar a vida familiar na época de vacacións escolares. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Benestar, Igualdade e Comercio, Carmen Paredes, acudiron este xoves ao CPI Covaterreña para a clausura do campamento.

O  Programa de Conciliación de Nadal do Concello de Baiona púxose en marcha o pasado 22 de decembro a iniciativa da Concellería de Igualdade, a través do Centro de Atención á Muller, e rematou este 5 de xaneiro tras recibir a un total de 30 nenos e nenas de entre 3 e 11 anos.

O programa incluíu diversos obradoiros (cociña, artículos attack, escola de talentos, gymkanas, xogos populares, expresión artística…) nos que ademáis de divertirse tamén consolidaron valores educacionais. Entre as actividades programadas houbo unha visita ao belén “O Barciño” da estación de servizo de Baiona ou unha festa de Fin de Ano.

“Creo que conseguimos o obxectivo de que o programa se converta nun recurso de conciliación para as familias en épocas de vacacions”, asegurou a concelleira Carmen Paredes.

- Publicidade -spot_img