Inicio O Condado A directora Xiana do Teixeiro visitará Arcos co seu filme “Tódalas mulleres...

A directora Xiana do Teixeiro visitará Arcos co seu filme “Tódalas mulleres que coñezo”

A directora Xiana do Teixeiro visitará Arcos co seu filme “Tódalas mulleres que coñezo”A concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera convida a toda a cidadanía a participar das actividades organizadas con motivo do vindeiro día 25 Día Internacional contra Violencia de Xénero.

Mañá día 15 de novembro ás 19:30 horas na casa cultural de Arcos proxectarase “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro. O filme tamén viaxará ao centro cultural de Xinzo o 22 de novembro.

Nina Simone responde a un entrevistador que lle pregunta “¿que significa ser libre?”. A artista dalle un par de voltas á pregunta e conclúe “non ter medo”. Así comeza “Tódolas mulleres que coñezo”, un entrante que  nos deixa cun sentimento ácido e que aveciña o conxunto de relatos que se nos vai amosar: distintas mulleres, de diversas idades, falando de como a violencia machista da rúa forma parte do seu día a día…

Xiana do Teixeiro
Realizadora e artista visual. Co-fundadora da productora Walkie Talkie Films (2008), especializada en cine documental de autor e vídeo experimental. É doutora en Comunicación Audiovisual (UAB), licenciada en Comunicación Audiovisual (UAB) e Xornalismo (Southampton S.U.). Creadora e produtora musical (Ta!, The Adaptation Dance). Traballa sobre o relato íntimo, a identidade e a construción do xénero.

https://vimeo.com/259662483

A proxección enmárcase dentro da programación deseñada pola concellería coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) para este mes de novembro.

A próxima cita será o luns día 18 de novembro ás 19:00 horas con Baia Fernández que ofrecerá unha charla para nais e pais organizada pola FANPO na sala multiúsos do auditorio municipal. Baia Fernández falara de como formar a autoestima e como conservala.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies