spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación renova a Q de Calidade en todas as oficinas de...

A Deputación renova a Q de Calidade en todas as oficinas de información turística que xestiona

a-deputacion-renova-a-q-de-calidade-en-todas-as-oficinas-de-informacion-turistica-que-xestionaAdemais, renováronse os distintivos nas oficinas que forman parte da rede Info Rías Baixas situadas na Estrada, Sanxenxo, Cangas, Cambados, Baiona, Nigrán, Poio, A Illa de Arousa e Cuntis

Revista Cousas De Nº20

Os deputados provinciais Nava Castro, Javier Tourís e Isabel Couselo recolleron na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles de Madrid os distintivos Q outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) ás oficinas de información turística que xestiona a Deputación de Pontevedra.  “Sentímonos moi orgullos –afirmou a deputada delegada de Turismo, Nava Castro- pois a provincia de Pontevedra segue a ser un destino punteiro na implantación de sistemas de calidade turística. A nosa aposta pola calidade é xa sinal de referencia de Rías Baixas e queremos seguir dando pasos cara adiante para consolidar este valor engadido que nos converte nun destino único en todo o territorio español”.

Deste xeito, renovaron a Q de calidade turística a oficina central de Turismo Rías Baixas situada no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, así como as que a institución provincial ten no Mosteiro de Armenteira e no Aeroporto de Vigo. Ademais destes oficinas, contan tamén coa Q de Calidade o Castelo de Soutomaior e o Museo de Pontevedra quen tamén acadou o selo S pola súa aposta en canto á sustentabilidade turística.

Ademais destas oficinas de turismo que xestiona directamente a Deputación de Pontevedra, outras nove adheridas á rede Info Rías Baixas, dependente da institución provincial, tamén conseguiron renovar o distintivo Q de calidade. Trátanse das oficinas de turismo da Estrada,  da Casa da Bola de Cangas, de Baiona, do Casal de Ferreirós en Poio, do porto deportivo de Sanxenxo, das Dunas de Gaifar en Nigrán e de Cambados, así como os puntos de información turística de Cuntis e da Illa de Arousa.

En total son preto de 190 as entidades e establecementos da provincia de Pontevedra que contan cun distintivo Q outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

- Publicidade -spot_img