spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación negociará coas clarisas “para recuperar o patrimonio cultural e artístico...

A Deputación negociará coas clarisas “para recuperar o patrimonio cultural e artístico de Santa Clara que debe pertencer aos pontevedreses”

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou que a institución provincial negociará coas clarisas “para recuperar o patrimonio cultural e artístico de Santa Clara que debe pertencer aos pontevedreses”.

Revista Cousas De Nº19

“Santa Clara – asegurou Domínguez- non é soamente un patrimonio cultural polo seu edificio, historia ou xardíns, senón que tamén o é pola multitude de tesouros artísticos e culturais, coñecidos polo Museo de Pontevedra, que tiña dentro das súas paredes”.

O Concello de Pontevedra mercou Santa Clara por tres millóns de euros e cedeu gratuitamente o continente á Deputación de Pontevedra. “Desde o primeiro día –asegurou o vicepresidente – houbo moitas dúbidas sobre o contido do convento, é dicir, sobre os tesouros culturais e artísticos que se atopaban no interior de Santa Clara e que son inherentes ao convento e á cidade de Pontevedra”. Neste eido, Domínguez recordou que existen elementos dentro do templo que non pertencen á Deputación nin aos pontevedreses e outros que xa non están no convento e se perderon.

a-deputacion-negociara-coas-clarisas-para-recuperar-o-patrimonio-cultural-e-artistico-de-santa-clara-que-debe-pertencer-aos-pontevedreses

Sobre os elementos que actualmente mantén o convento e entre os que se atopan o altor maior, os retablos laterais, o altar da Virxe dos Desamparados, o púlpito, a cadeirado do coro ou o órgano, existe un acordo de compra coas clarisas. Segundo este acordo, as clarisas poden levarse as pezas que están no convento avisando con 20 días de antelación ou, de non facelo ou de non permitir Patrimonio o seu traslado, a Deputación deberá abonar 500.000 euros por estes elementos.  En concreto, o vicepresidente detallou que polo retablo do altar maior da igrexa a Deputación tería que pagar 127.250 euros, polos retablos laterais 99.000 euros, polo altar da Virxe dos Desamparados 74.000 euros, polo púlpito 22.000 euros, polo cadeirado do coro 14.000 euros e polo órgano 135.000 euros. “Estamos -asegurou Rafa Domínguez- en mans das clarisas. Se deciden retirar estes elementos poden facelo.  Se deciden mantelos ou se as autoridades competentes non permiten a súa retirada, o que é moi probable, a Deputación tería que pagar medio millón de euros”.

a-deputacion-negociara-coas-clarisas-para-recuperar-o-patrimonio-cultural-e-artistico-de-santa-clara-que-debe-pertencer-aos-pontevedreses

 

Ademais destas pezas que aínda conserva no interior de Santa Clara, existen outras de grande valor histórico e artístico que xa non están no convento.  “Consentiuse –asegurou Domínguez- unha grandísima perda xa que a división dos retablos afecta profundamente ao seu valor artístico e de moi pouco vale un retablo sen as figuras que o contén”. Neste aspecto o vicepresidente detallou as figuras do retablo maior de Santa Clara entre as que se atopaban San Miguel Arcanxo, a Asunción de María, unha parella de anxos, catro anxos, o Cristo crucificado, San Fernando, San Francisco de Asís, a propia Santa Clara, San Antonio de Padua e o relicario de San Vicente Mártir, todas elas policromadas e datadas no ano 1734, cuxa separación do retablo “rompe a unidade artística e fai que perda gran parte do seu valor histórico”.  Tamén faltan figuras de 1538, como as de Santa Úrsula ou Santiago Apóstolo que estaban situadas no retablo da Inmaculada Concepción, hoxe baleiro, ou pezas como a Virxe do Carme, San Xoaquín, Santa Ana, San Xoán Bautista así como o cadro da Virxe dos Desamparados, de 1708.

Outros elementos que tampouco conserva o convento nestes momentos son a figura de Santa Clara de granito que remataba a fonte do patio do convento, a bandeira dos Heroes de Ponte Sampaio, doada en 1809 trala batalla, e o tímpano gótico de 1317, “o que máis pena me dá –asegurou o vicepresidente- ao tratarse dun dos poucos tímpanos góticos policromados que existía en Galicia”.  “Lores e Mosquera permitiron este saqueo cultural, este disparate artístico por cuestións ideolóxicas como outros que denunciaremos nas próximas datas” advertiu Domínguez que, ademais, aproveitou a ocasión para informar que “neste espolio” non participou o anterior director senón que “lle veu imposto e mesmo alertou deste disparate e me animou a traballar para recuperar estes elementos artísticos”.

- Publicidade -spot_img