spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación iniciou hoxe as obras de consolidación das Ruínas de San...

A Deputación iniciou hoxe as obras de consolidación das Ruínas de San Domingos, declaradas Monumento Nacional en 1895

Deputación-iniciou-hoxe-obras-consolidación-Ruínas-San Domingos-declaradas-Monumento-Nacional-1895Nos últimos meses, diversos técnicos e especialistas realizaron estudos de avaliación do estado das ruínas para coñecer a súa seguridade e expoñer as recomendacións de actuación.

Baseándose nestes estudos a Deputación encargoulle un proxecto de execución a unha firma especializada neste tipo de traballos para limpar e consolidar os muros de fábrica existentes, para garantir a súa conservación e realizar labores que mitiguen a presenza de auga no arranque do muro.

Estes traballos, que teñen un prazo de execución de catro meses, contemplan diversas actuacións previas e obras concretas de consolidación:

  • Limpeza dos paramentos dos muros pola cara exterior e interior
  • Limpeza dos condutos de evacuación de auga
  • Saneamento das xuntas de fábrica nos paramentos
  • Rexuntado do aparello en todas as súas superficies, para garantir a súa capacidade para frear a entrada de auga
  • Extracción de sales, solubles e non solubles, nos sitios máis problemáticos
  • Recollida dos fragmentos de capitel desprendido e estudo da posibilidade de dispoñelo de novo na súa localización orixinal
  • Aplicación de biocidas en diversas áreas
  • Revisión e fixación da estabilidade das tallas dos capiteis e elementos escultóricos
  • Disposición dunha lamela de aceiro inoxidable para garantir a estabilidade do parteluz nas ventás
  • Instalación de chapa de aceiro inoxidable para consolidar as pezas soltas de gran tamaño e peso en zonas non visibles
  • Colocación de elementos metálicos antiaves nas soleiras das ventás e repisas dos capiteis

A actuación levarase a cabo nunha superficie interior de 698 m2 e exterior de 1.010 m2.

- Publicidade -spot_img