Inicio Galicia "Camiño a orixe" exposición sobre o Camiño de Santiago no Gaiás

“Camiño a orixe” exposición sobre o Camiño de Santiago no Gaiás

A Consellería de Cultura e Educación e o SabadellGallego colaboran na exposición sobre o Camiño de Santiago no Gaiás

O conselleiro Román Rodríguez asinou un convenio co director xeral da entidade, Pablo Junceda

A mostra inaugurarase o próximo venres e estará aberta ao público ata setembro

O Camiño A OrixeA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o banco SabadellGallego veñen de establecer un acordo de colaboración con motivo da exposición ‘Camiño. A orixe’ que abrirá ao público o vindeiro venres na Cidade da Cultura.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e mailo director xeral de SabadellGallego, Pablo Junceda, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para tal fin, nun acto ao que tamén asistiu a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.

O Camiño A Orixe.jpg1Segundo este acordo, SabadellGallego efectuará unha doazón de 30.000 euros para a organización desta mostra que ten como finalidade divulgar o fenómeno xacobeo. Pola súa banda, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, comprométese a difundir a participación da entidade en todas as actividades que se leven a cabo no marco desta exposición.

A aportación do SabadellGallego, xunto as do resto de empresas patrocinadoras e colaboradoras, que se irán dando a coñecer nos próximos días, permitirán sufragar integramente a exposición ‘Camiño: a orixe’.

A mostra inaugurarase o vindeiro venres, día 13 de marzo, e permanecerá aberta ao público ata setembro deste ano no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura. Dun xeito didáctico, ‘Camiño. A orixe’ trata de explicar a orixe da ruta xacobea e o desenvolvemento dos camiños a Santiago desde a Idade Media ata a actualidade. Nela tamén se fai unha análise da figura de Santiago como apóstolo, da cidade de Santiago como meta e berce do culto xacobeo e da figura do peregrino como verdadeiro protagonista do Camiño.

A exposición reúne obras de grandes mestres da historia da arte, como Alberto Durero ou Bartolomé Estebán Murillo, así como xoias do patrimonio histórico, como o Gallardete de Lepanto, a bandeira que ondeaba no mastil da nao que capitaneaba as naves cristiás na famosa batalla de Lepanto, ou unha armadura de Carlos V.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies