spot_img
InicioVal MiñorGondomarInauguración da mostra plástica “Mar de Crebas”, de Alejandra Sampedro no IEM...

Inauguración da mostra plástica “Mar de Crebas”, de Alejandra Sampedro no IEM de Gondomar

Inauguración-mostra-plástica-“Mar de Crebas”-Alejandra-Sampedro-IEM-GondomarO vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra  “Mar de Crebas”, formado por obra fotográfica e escultórica da artista plástica Alejandra Sampedro.

A instalación será presentada polo fotógrafo Santi Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 8 de maio.

Trala presentación haberá unha copa de viño e unhas roscas, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Da autora

Alejandra Sampedro (Valencia, 1988) graduouse  en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cursou estudos universitarios de performance, fotografía e pintura con Cristina Fernández Núñez. Completa a súa formación artística co Máster Universitario en Arte Contemporánea, Investigación e Creación (UVigo). Recentemente amplía estudos de escultura con Bárbara Alonso no taller Almart en Madrid.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.