spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra súmase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Deputación de Pontevedra súmase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

a-deputacion-de-pontevedra-sumase-ao-dia-internacional-das-persoas-con-discapacidade

O edificio do Pazo Provincial tinguiuse de cor verde desde onte a noite para conmemorar a data

 A institución celebrará o venres 16 de decembro o I Encontro Provincial pola Inclusión das Persoas con Diversidade Funcional que contará con diversas actuacións artísticas

A Deputación de Pontevedra súmase aos actos celebrados ao abeiro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este sábado, 3 de decembro, e que se estenderán durante todo o mes de decembro, lembrando o seu compromiso coas políticas de inclusión e a redución das desigualdades sociais. O Goberno da institución provincial actúa en consecuencia coa súa liña de compromiso social e de benestar da cidadanía, co seu obxectivo de construír unha sociedade máis libre e máis xusta.

De feito, a Deputación de Pontevedra xa está a organizar un acto que terá lugar o vindeiro 16 de decembronas dependencias da institución provincial. Trátase do “I Encontro Provincial pola Inclusión das Persoas con Diversidade Funcional”, que contará coa presenza e a colaboración de diversas entidades de iniciativa social e con actuacións de música e outras modalidades artísticas. Durante o desenvolvemento deste encontro, que leva por lema “Propostas transformadoras para unha provincia diversa, inclusiva e sostible”, poranse en común distintas iniciativas e propostas que estean desenvolvendo distintas entidades sociais nos seus ámbitos de actuación, para axudar á visibilidade do seu traballo.

Durante as roldas de intervencións, as entidades falarán sobre a súa situación actual no ámbito da diversidade funcional, dando conta das súas limitacións e das súas oportunidades, falarán de como contribúen á construción dunha sociedade máis sostible, analizarán cales son as ferramentas axeitadas de colaborar coas administracións públicas, debaterán sobre a inclusión nos eidos laboral e da educación social e sobre a atención sociosanitaria ás persoas con diversidade funcional e, ademais, as entidades poderán pór en común os seus proxectos.

Ademais, a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistirá hoxe sábado 3 de decembro a un flashmobpola diversidade celebrado pola Asociación Andaina de Redondela, na Praza da Constitución da vila ás 17:30 horas (no caso de que chova o evento sería trasladado ao local da asociación, situado no número 11 da Rúa Telmo Bernández).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.