spot_img
InicioPontevedra e ÁreaComezou o quinto obradoiro de emprego 'Terras do Miñor' adicado a restauración

Comezou o quinto obradoiro de emprego ‘Terras do Miñor’ adicado a restauración

comezou-o-quinto-obradoiro-de-emprego-terras-do-minor-adicado-a-restauracion

Os alumnos-traballadores, que perciben o salario mínimo interprofesional, foron seleccionados dende o Servizo Público de Emprego

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou onte a quinta edición do obradoiro de emprego “Terras do Miñor” promovido dende a Mancomunidade e con sede na Residencia de Tempo Libre de Patos para a parte práctica (a teórica desenvólvese nos tres concellos). O alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade, Juan González, acudiu a primeira hora a darlles a benvida xunto a teniente de alcalde Raquel Giráldez; ambos amosaron o seu total compromiso con este proxecto

Unha edición máis, os participantes formaranse durante seis meses na especialidade  de “Servizos de Restauración” ou “Operacións Básicas de Cociña”  percibindo o salario mínimo interprofesional. En total, os servicios públicos de emprego preseleccionaron a 60 candidatos para as 20 prazas (dez en cada modalidade), quedando finalmente 10 de Baiona, 6 de Nigrán e 4 de Gondomar.

‘Terras do Miñor” foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Consellería de Economía, Emprego e Industria o mes pasado cunha axuda de 179.134 euros. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total) e un equipo técnico (director, titora, docentes…) completamente novo. Coma nas anteriores ocasións, os 20 alumnos-traballadores serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social da mancomunidade e poderán desenvolver a súa especialidade en actos programados dende os concellos (coma os almorzos saudables nos colexios) ou relativos á exaltación dos productos típicos da zona.

“A hostalaría e o turismo son sectores básicos na nosa comarca. Agardamos que grazas a eles acaden un posto de traballo e ao mesmo tempo contribuan a mellorar a calidade turística e hostaleira do municipio”, sinala o presidente de mancomunidade e alcalde de Nigrán, Juan González.

Por outra banda, este ano os tres concellos acadaron conxuntamente outro novo obradoiro, “Valiemprega Xove”, que se  desenvolve actualmente en Gondomar con 15 alumnos-traballadores e está adicado á ‘Promoción turística local e información ao visitante’ .Esta acción formativa é froito por vez primeira dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade) para solicitar unha subvención ao respecto. Entre os seus obxectivos está promover e comercializar destinos turísticos locais, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos  turísticos do entorno local, empregando en caso necesario a lingua inglesa.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.