spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán participa por primeira vez no 'Culturgal' para presentar o Nigránjazz

Nigrán participa por primeira vez no ‘Culturgal’ para presentar o Nigránjazz

-nigranjazz-celebra-o-decimo-aniversario-do-festival-recuperando-os-dous-dias-de-programacion

Ademáis levará material para promocionar o Camiño Portugués pola costa ao seu paso polo  municipio

O Concello de Nigrán participa por vez primeira na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que ten lugar dende o venres e ata ao o domingo en Pontevedra. O consistorio acude co Nigranjazz, o seu festival máis señeiro e que cumpriu unha década este ano, sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e  o único adicado ao jazz  de toda a comarca do Val Miñor. O turno para a presentación deste festival é o domingo ás 13.00 horas da man do seu director, Felipe Villar. Paralelamente, o Concello levará a feira o seu último deseño de material turístico, relativo ao paso do camiño portugués pola costa por Nigrán, aspecto que dende o goberno local se quere potenciar e para o que pide a implicación da Xunta.

O Nigránjazz actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais,  aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek ou este ano o afamado guitarrista americano Kurt Rosenwinkel.  Pero non hai que esquencer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

A permanencia en Nigrán ao longo destes anos  xerou un especial interese  por esta música na comarca, congregando cada vez a máis público no esteiro de A Foz: fieis seguidores que non faltan dende a primeira edición e veciños e turistas que cada vez fan máis multitudinario este evento, alleo por completo á música comercial.

Finalmente, compre mencionar outro dos signos de identidade do festival, que é o concurso de carteis de cada edición, adicado ao veciño de Nigrán Quin Alborés, deseñador gráfico e organizador do Nigranjazz ata a súa morte. Tamén hai que suliñar a master-class que tradicionalmente imparte o conxunto estrela ou as distendidas jam-sessions posteriores aos concertos.

- Publicidade -spot_img