spot_img
InicioCondado ParadantaA Deputación de Pontevedra suma forzas cos alcaldes da provincia para poñer...

A Deputación de Pontevedra suma forzas cos alcaldes da provincia para poñer en valor e promocionar a Vía Mariana

a-deputacion-de-pontevedra-suma-forzas-cos-alcaldes-da-provincia-para-poner-en-valor-e-promocionar-a-via-marianaA deputada de Turismo, Nava Castro, anunciou a intención de presentar este camiño, que atravesa 13 concellos da provincia e que vai de Braga a Muxía, en FITUR 2025

Revista Cousas de nº21

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, mantivo hoxe no Palacete das Mendoza unha xuntanza con alcaldes e concelleiros dos municipios da provincia polos que descorre a Vía Mariana, unha ruta de preto de 400 quilómetros que une os santuarios de devoción mariana desde Braga (Portugal) ata Muxía. Na xuntanza, unha primeira “toma de contacto” para buscar vías de colaboración para impulsar este percorrido na que tamén participou o alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, así como membros da Asociación Vía Mariana Luso-Galaica, Nava Castro comprometeuse a presentar este camiño en FITUR 2025: “Sabemos que hai moito traballo por diante, pero desde Turismo Rías Baixas imos poñer todas as ferramentas posibles para que isto siga promocionándose e cheguemos a máis xente”.

“Traballar unidos, da man cos concellos, sumando sinerxías, é sempre garantía de éxito,”, asegurou Nava Castro, ao tempo que animou á Asociación Vía Mariana Luso-Galaica a constituírse como asociación sen fins de lucro para poder solicitar as subvencións para actividades de carácter turístico para o ano 2024, que se aprobarán proximamente, “para axudar a que a correcta sinalización desta ruta sexa unha realidade en todos os concellos da provincia pola que pasa” .  Neste eido a deputada provincial remarcou o interese desta ruta, “que mostra o patrimonio histórico, natural e paisaxístico da provincia e contribúea a diversificar a oferta turística de Pontevedra”, e transmitiu a vontade da Deputación, “tanto desde o servizo de Turismo como o de Cultura, de seguir traballando nun produto turístico e cultural como é este”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

En Pontevedra, a Vía Marina pasa polos concellos da Cañiza, A Lama, Arbo, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures e Valga, sumando na provincia preto de 140 dos seus 380 quilómetros e sete das súas 18 rutas. É unha combinación de pequenos camiños locais de advocación mariana que van aos principais santuarios portugueses e galegos mediante itinerarios antigos, de devocións a santos milagreiros. Desde que se comezou a fraguar esta ruta, no ano 2018, a Asociación xa entregou aproximadamente 250 ‘marianas’, é dicir, o diploma acreditativo de ter completado o percorrido enteiro, e nos próximos días, como anunciou a presidenta, María José Silva, presentarán a ‘Guía de mochila da Vía Mariana’, con recursos e información para os camiñantes sobre as diferentes etapas. Na actualidade, esta ruta conta con 70 promotores entre institucións públicas e privadas, asociacións, comunidades de montes e particulares.

- Publicidade -spot_img