spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoPremio de Honor Antonio Palacios para o historiador, escritor e mestre Xosé...

Premio de Honor Antonio Palacios para o historiador, escritor e mestre Xosé Ramón Iglesias Veiga

premio-de-honor-antonio-palacios-para-o-historiador-escritor-e-mestre-xose-ramon-iglesias-veigaO Porriño recoñece así a traxectoria do escritor, historiador e mestre que deixou unha enorme pegada no Porriño

Revista Cousas de nº21

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou hoxe a programación coa que o Concello do Porriño celebrará o centenario da súa Casa Consistorial, e o seu prato forte, a convocatoria da primeira edición dos Premios Antonio Palacios.

“Con estes galardóns queremos recoñecer e celebrar as contribucións sobresaíntes nos campos de Cultura, Empresa, Deporte e Compromiso Social”, explicou o rexedor, “Son un testemuño da excelencia e a dedicación de persoas e organizacións que, co seu traballo incansable, enriquecen a nosa sociedade”.

Serán cinco as categorías premiadas e “non só servirán para recoñecer aos/as gañadores/as, senón tamén para inspirar a outros a seguir os seus pasos e destacar logros que xuntos, forxan un futuro máis brillante para todos”.

Pola súa banda, o deputado Jorge Cubela destacou que “para a Deputación, que é a casa dos concellos, é unha honra apoiar a celebración destes premios” e “trasladou a felicitación do Presidente a todos os veciños e veciñas por esta efeméride, por cen anos máis e porque sigamos poñendo en valor a todos os persoeiros que contribuíron a facer máis grande a historia do Porriño e da provincia de Pontevedra”.

A representante autonómica, Ana Ortiz, engadiu que “lembrar a figura de Antonio Palacios é algo ao que todos debemos contribuír. É o arquitecto español máis destacado da primeira metade do século XX e a súa obra é fabulosa, tan só hai que contemplar o marabilloso edificio no que nos atopamos. Palacios soupo conxugar modernidade e tradición”.

O alcalde Alejandro Lorenzo, anunciou tamén que os premios se entregarán o día 15 de xuño, coincidindo do día en que se inaugurou, hai xa un século, a Casa do Concello. O premio será a reproducción dunha das esculturas máis emblemáticas da vila, a que preside a praza Arquitecto Antonio Palacios. “Quero agradecer enormemente a disposición do seu autor, o escultror Manuel Buciños, a que a súa obra sexa tamén a imaxe destes premios”, afirmou o rexedor.

Tamén anunciou que xa está disponible a nova páxina web https://antoniopalacios.oporrino.org/ onde se pode atopar toda a información sobre a figura e obra do arquitecto porriñés así como unha axenda dos actos conmemorativos do 150 aniversario do seu nacemento e o centenario da Casa Consistorial.

I Premios Antonio Palacios

O Premio Antonio Palacios á Cultura recoñecerá a aqueles que coa súa creatividade e paixón, manteñen vivas as nosas tradicións e fomentan a innovación artística. O Premio Antonio Palacios á Empresa destacará a emprendedores e entidades que non só acadaron o éxito comercial, senón que tamén demostraron un compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sustentable.O Premio Antonio Palacios ao Deporte recoñecerá a atletas, equipos e organización deportivas que demostraron excelencia na súa disciplina e promoveron valores como o traballo en equipo, a perseveranza e o xogo limpo. Pola súa banda, o Premio Antonio Palacios ao Social salientará a quenes fixeron contribucións significativas ao benestar da comunidade, exemplos de ocmpromiso cívico que pode xerar cambios positivos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Por último o Concello do Porriño concederá o Premio Antonio Palacios de Honor en recoñecemento a toda unha vida. O rexedor, revelou hoxe o nome da primeira persoa que recibirá o galardón: Xosé Ramón Iglesias Veiga.

“Queremos render unha merecida homenaxe a alguén querido e respetado por todos no Porriño, Moncho Iglesias”, anunciou Lorenzo, “Moncho é alguén que deixou unha enorme pegada no noso pobo, non só pola súa faceta de historiador e escritor, tamén pola súa adicación como mestre durante máis de dúas décadas no IES Pino Manso”.

Iglesias Veiga escribiu infinidade de artigos e libros sobre o patrimonio arquitectónico na área de Vigo e fixo un enorme traballo de investigación arredor da figura e obra de Arquitecto Palacios. “O Porriño, a vila á que tanto amou, debíalle unha homenaxe”, concluíu o rexedor.

Programación Centenario da Casa Consistorial

  • 09:30 h. I Concurso de Pintura Rápida. Pintando a Palacios
  • 12:30 h. Concerto da Agrupación Musical do Porriño
  • 19:00 h. Entrega de premios do Concurso de Pintura Rápida.
  • Pintando a Palacios
  • 21:00 h. Himno Galego a cargo do grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade
  • 21:05 h. Premios Antonio Palacios
  • 22:00 h. Actuación Rubén Simeó e Christian Rodríguez
  • 22:15 h. Concerto grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade
  • Remate: Espectáculo visual
- Publicidade -spot_img