spot_img
InicioAlto MinhoLuis López presenta o proxecto turístico transfronteirizo Visit Rio Minho Plus, “a...

Luis López presenta o proxecto turístico transfronteirizo Visit Rio Minho Plus, “a suma dos atractivos de ambos os lados da raia”

luis-lopez-presenta-o-proxecto-turistico-transfronteirizo-visit-rio-minho-plus-a-suma-dos-atractivos-de-ambos-os-lados-da-raiaO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a importancia da colaboración transfronteiriza entre as administracións e colectivos da provincia de Pontevedra e as entidades do norte de Portugal como unha oportunidade de potenciar o turismo e a economía de ambos os territorios.

Revista Cousas de nº21

Fíxoo en Tui, durante a presentación do proxecto “Visit Río Minho Plus”, un plan de colaboración turística entre as dúas rexións, que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros de euros de fondos europeos, dos que a Deputación xestionará directamente máis de 375.000 euros, para desenvolver novas ofertas turísticas, promocionar o destino, mellorar a xestión do destino ou impulsar novos e mellores servizos e infraestruturas.

“Visit Rio Minho é a suma do mellor dos nosos territorios e outra mostra máis de que, con colaboración, a nosa proxección turística non ten fronteiras. É certo que Turismo Rías Baixas vive por si mesmo un momento magnífico, pero agora imaxinade se todas esas experiencias 100% Rías Baixas as sumamos cos encantos dos nosos amigos portugueses: pois o resultado é Visit Rio Minho”, afirmou o dirixente provincial para subliñar as posibilidades de crecemento que ofrece esta alianza promovida pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Rio Miño e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra así como doutras nove entidades, entre elas a Universidade de Vigo, a Axencia de Turismo de Galicia ou os concellos de Tui e Salvaterra.

O proxecto, presentado este martes no Parador de Turismo de Tui, presenta diferentes liñas de acción. Por un lado, prevé a creación de redes de colaboración institucional e empresarial, así como congresos turísticos. Por outro, persegue a dixitalización do destino e a mellora da comunicación. Ademais, inclúe a creación de novos produtos turísticos relacionados coa gastronomía, a paisaxe ou a historia. É o caso da consecución de novos certificados alimentarios ou a promoción da lamprea, a posta en valor de enclaves de alto interese cultural e histórico á beira do Miño ou o fomento das experiencias navegables polo curso fluvial. “Para todo iso, poden contar coa colaboración activa e leal da Deputación de Pontevedra. A historia desta fronteira ensínanos que sempre é mellor tender pontes, como di o noso lema, que erguer muros. E o turismo non vai ser unha excepción”, sentenciou López.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Neste sentido e só dous días despois das eleccións europeas, Luis López reivindicou o avance para estas dúas rexións que supuxo a entrada na Unión Europea. “Para un cidadán de ambos os lados da fronteira, hai 40 anos semellaba unha quimera poder cruzar a fronteira como quen sempre está na casa, desfrutar de autoestradas e infraestruturas como tiñan os nosos veciños máis avanzados, pasar dun agro e dunha pesca de subsistencia a industrias punteiras a nivel internacional, compartir coñecemento con títulos universitarios que valen o mesmo en Portugal, en España, que en Romanía ou Bélxica ou xestionar fondos logrados dos esforzo de todos os cidadáns europeos para humanizar prazas e modernizar aldeas, como facemos na Deputación. O que presentamos hoxe recolle a mellor tradición dos nosos antepasados, aqueles arraianos que sempre mantiveron preto as realidades de Galicia e Portugal. Pero sobre todo forxa un presente e un futuro mellor”, rematou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.

- Publicidade -spot_img